Saltar ao contido principal

Black Mirror: a historia completa da túa vida

Un revolucionario avance tecnolóxico cámbiao todo na vida das persoas. Trátase dun chip que, implantado detrás da orella, grava e almacena todo o que fas, ves e escoitas, xerando así un arquivo dixital de toda a túa vida diaria. Repito, toda. Despois, por medio dun mando a distancia do tamaño dun botón, podes buscar, borrar ou volver a ver o momento que ti elixas cando o desexes e cantas veces queiras. E todo cunha velocidade e unha precisión que asusta. Estes recordos poden reproducirse xusto diante dos teus ollos, de modo que só ti os ves, ou proxectarse nunha pantalla da casa para compartilo con  máis persoas. Alucinante, desde logo. Pero a pregunta non é esa...

A pregunta é... Como sería vivir con algo así?
Clic nesta imaxe, para ver o trailer.


Hoxe é fin de ano e os móbiles arderán. Pero cando a noite pase, e por fin queiramos descansar ou desconectar de todo, será un magnífico momento (crédeme) para ver este capítulo, só un, da miniserie Black Mirror. En concreto, o titulado: "Black Mirror. La historia completa de tu vida". 45 minutos frenéticos e impecables nos que, a través dunha parella, descubrimos estupefactos ata onde nos pode levar o delirio tecnolóxico cara o que vamos


Black Mirror: as consecuencias da tecnoloxía nas nosas vidas.
Crible, humano e inquietante. Xa me contaredes!
Feliz 2014!

Comentarios

  1. PaulaLó1/1/14

    ¡Feliz año nuevo Miguel!
    Disfrútalo muchísimo, seguro que será un gran año ^^
    De momento... Empecemos disfrutando de esta noche. Un abrazo :') y gracias por tus clases y tu blog!

    ResponderEliminar
  2. Feliz ano Paula!
    Claro que si. Espero disfrutalo, e en parte, por suposto, con vós! A ver se entre todos facemos deste 2014 algo grande e digno de recordar nas nosas vidas. Grazas a ti por este primeirísimo comentario do ano! E un abrazo moi moi grande!

    ResponderEliminar
  3. Paula Alonso Carracedo1/1/14

    Fai xusto un ano, un amigo, dende o Reino Unido, fíxome esta mesma recomendación... e acabei, co tempo, vendo tódolos capítulos! É unha serie moi moi rara, é certo que non vale para calquera. Pero xa que estás, se mo permites, vouche facer eu unha recomendación: capítulo 1 da segunda temporada, "Vuelvo enseguida"... Ese é tan bonito como triste, pero merece a pena velo. Un biquiño, e feliz ano! :)

    ResponderEliminar
  4. Ola Paula! Ti coñecíchela antes cá min!
    Algúns capítulos son máis raros cá outros, pero todos resultan sorprendentes (por humanos, e polos xiros inesperados que pegan) e ao final tamén moi cribles. Gústame que falan de emocións e sentimentos, non é un rollo futurista de efectos especiais, e todo transcorre no presente. Cando rematan, resopras e quédaste pensando: "poderiamos chegar perfectamente a isto"...

    Eu tamén os vin todos! :) Este que vos propoño é o que máis redondo me pareceu, e pasan os días e sigo lembrándoo. Non hai nin un segundo nel que sobre. Tamén vin o que ti dis, o de "Vuelvo enseguida", e quedeime de pedra con esa "solución tecnolóxica para aliviar os momentos de duelo" pero, por algún motivo, ao final resultoume un pouco menos crible. "Oso blanco" ou "15 millones de méritos" xogan coa idea dos reality-shows... E todos, absolutamente todos, fan que quedes pensando ata que punto nos pode envilecer a tecnoloxía que xa está invadindo as nosas vidas. Tecnoloxía + Emocións = Meeeedo! Por iso é difícil escoller ou ver só un!

    Un bico Paula, e feliz ano!

    ResponderEliminar
  5. Paula Alonso C.20/1/14

    Acabo de ver un filme e, irremediablemente, tiven a necesidade de volver aquí a facerche unha suxerencia. ¿Por que a ti e por que aquí? Cando vexas a película en cuestión, "Her", entenderás por que me acordei de Black Mirror... (Está na rede en VOSE, xa que en España aínda non se estrenou e non sei se se estreará.) Ahí o deixo! Biquiños!

    ResponderEliminar
  6. Grazas Paula! Gotéame o colmillo coa perspectiva de ver esa "Her"!
    Heiche contar!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...