Saltar ao contido principal

As tiras cómicas de Liniers

Enriqueta odia os deberes de matemáticas, o ruído dos bechos cando os pisan e tamén que os seus familiares lle digan que está grande. En cambio, gústanlle as aventuras, as cousas sinxelas, ler libros, e compartir a vida co seu gato Fellini ou incluso cun osiño de peluche ao que chama Madariaga. Con eles, e tamén con miles de lectores, comparte sempre breves pero intelixentes reflexións. Capaces de facerche pensar, de reconciliar coa vida, ou simplemente de roubarche un sorriso. Como fan os bos libros. E de mostra, algunhas tiras:










Menos mal que nos quedan os libros, os animais e a imaxinación.
O mundo sería menos soportable sen eles.

Enriqueta é un personaxe do debuxante arxentino Liniers (Ricardo Siri). As súas tiras publícanse no diario arxentino La Nación, pero baixo o título "Macanudo" tamén podedes atopar varios libros que as recopilan.

Comentarios

  1. Sandra11/11/13

    Encántanme!! :-)

    ResponderEliminar
  2. Ana Gesteira, vía Facebook12/11/13

    Macanudo!

    ResponderEliminar
  3. Vitoria, vía Facebook12/11/13

    "Todo lo que puedes imaginar es real" - Pablo Picasso e Enriqueta.

    ResponderEliminar
  4. Silvia. vía Twitter12/11/13

    Jajaja que boas as imaxes!

    ResponderEliminar
  5. Larissa12/11/13

    Ola, Miguel! Son Larissa, non sei se te acordas de min, gústame moito Enriqueta e Fellini,estivemos facendo debuxos en plástica, e eu debuxeinos,que coincidencia non si?
    Un saúdo :)

    ResponderEliminar
  6. Ola Larissa! Menuda sorpresa! Claro que si! Como non me vou acordar? Non sabía que a ti tamén che gustaban Enriqueta e seu gato Fellini, e moito menos que os debuxaras! Pero agora que o sei, penso pasarme un día por esa aula de Plástica para velo! Se o teu debuxo é tan grande como penso, ao mellor podemos ata facernos unha foto con eles dous! Espero que che ilusione a idea!

    Un abrazo moi moi grande, Larissa!
    :)

    ResponderEliminar
  7. David G.12/11/13

    Xa volvo a aparecer por aquí Miguel. Por fin podo volver a pasarme.
    As tiras cómicas son xeniales, gustáronme moito. E con algunha que outra síntome identificado, jaja.
    Un saúdo e un abrazo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...