Saltar ao contido principal

United 93

O 11 de setembro de 2001 catro avións foron secuestrados con pasaxeiros.
Tres alcanzaron os seus obxectivos; o voo United 93 non.


Ás 8.42 horas, con retraso, un Boeing 757 despega de New Jersey cara San Francisco. A bordo, aínda que ninguén o sabe, van catro terroristas de Al Qaeda sentados en Primeira Clase, moi preto da cabina. Ás 9.28 os pilotos emitían un May Day ou sinal de alerta. O avión xa estaba secuestrado. A última persoa que o viu en voo foi un labrego: segundo conta, o avión descendeu a gran velocidade, xirou ata poñerse coa panza cara arriba, e pasou por riba perdéndose tras as árbores...

Esta é a brillante película que narra a historia daquel día.

E Clic AQUÍ, para escoitar o útimo son que, desde o United 93, puido chegar á torre de control.

Comentarios

  1. Pedro, vía Facebook12/10/13

    Trepidante

    ResponderEliminar
  2. Hai momentos da película, nos que sentes que vas nese avión, e te preguntas a ti mesmo que vas facer. Trepidante, e tamén intensa. Se non a vistes, "gustaravos" ver ese día desde aló arriba...

    ResponderEliminar
  3. PaulaLó&MiguiCru8/11/13

    Acabamos de ver la película, y la verdad que el modo en el que se comportan los pasajeros nos pareció increíble, inquietante, escalofriante, con esa sangre fría que juraría que cualquiera de nosotros no sería capaz de tener. Esas escenas te mantienen con la mente pensando constantemente, en que harías tú, cuales serían tus últimas palabras a tus seres queridos, sabiendo que morirás. Si hacerlo o no, si levantarte y luchar por tu vida y por las del resto del mundo que corren peligro, o sentarte a esperar aquello que parece inevitable. Realmente nos ha gustado, pero no podemos evitar sentir ese dolor y esa tristeza de que esto no haya sido tan sólo una película, sino que de verdad haya habido tantas vidas perdidas.

    ResponderEliminar
  4. Completamente de acordo! Describídelo moi ben. Para min, se un mérito ten esta peli é precisamente que te mete nese avión, que fai que sintas a túa vida secuestrada e que obriga a pensar como reaccionarías: cos secuestadores, co resto dos pasaxeiros, e incluso, como vós dicides, cos familiares que sabes que non vas volver a ver...

    É verdade que ao final queda unha sensación amarga. Pero, por outra parte... Que ben que haxa unha peli así de boa e seria para contar unha historia tan grande coma esa.

    Estou contentisimo: de que vos gustase, e de compartila aquí xuntos. Grandes! :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...