Saltar ao contido principal

Noite estrelada, con Van Gogh... e interactiva

"Por fin, o ceo estrelado pintado na noite mesma"Vincent Van Gogh.


Van Gogh soñaba con captar toda a intensidade das estrelas, e os efectos da luz na escuridade. Logrouno en 1888 con esta "Noite estrelada sobre o Ródano", cando xa vivía en Arlés, pouco antes da automutilación e de ser internado no sanatorio. Gústame moitísimo esta Noite, moito máis que a outra que pintou. Nela están os seus trazos característicos: cores intensas (que buscan contrastes marcados), pinceladas longas e vivas (para dar forza e emotividade), e unha paisaxe enmarcada nunha composición ampla (a parella, o negro Ródano, a cidade cos farois acesos, e a inmensa luz das estrelas). Pero nesta ocasión, a pintura non transmite aínda tormento, nin loucura, nin a inestabilidade emocional que sufría Vincent. Moi ao contrario, hai equilibrio, calma, silencio... tranquila sensibilidade. Ao fondo, ata se distingue ben a Osa Maior, esa que semella un cazo ou carro, e que é a constelación máis visible do hemisferio Norte. Védela...?

Pois agora que as Perseidas converten as noites de agosto no mellor espectáculo pirotécnico que existe (100 meteoros visibles á hora!), é o mellor momento para saír á procura de espléndidas noites estreladas. Así que se podedes, facédevos cun planisferio celeste, xirade o disco branco ata situalo na data e hora correspondentes, e buscade no noso ceo a mesma Osa Maior que Van Gogh retratou por fin aquela noite de 1888, desde a ventá da súa casa amarela, á beira do Ródano. Cun pouco de sorte, o xenial pelirroxo faravos un guiño desde aló arriba, en forma de Perseida... Acaso transmutado en estrela fugaz.

E se non tedes un destes planisferios, Don't worry!
Clic na foto, e vivide as estrelas en Versión Interactiva!

Comentarios

  1. Vitoria19/8/13

    Desde o punto de vista das estrelas o espectáculo consiste en ver pasar desexos fugaces...
    ;-)

    ResponderEliminar
  2. Ou tamén en preguntarse o nome dos insignificantes puntiños que brillan ao lonxe, na inmensa noite do universo... Desde o seu punto de vista. :)

    http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/23/actualidad/1374582829_839160.html

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...