Saltar ao contido principal

Poesía visual

Frotade os ollos os que ides a Barcelona este mes. Acabo de ler que Chema Madoz expón na Casa Milá, de Gaudí, que visitaredes. E menuda guinda! Porque as fotos de Chema son...  Cómo dicilo? Poesía visual. Madoz colle o obxecto máis cotiá que poidades imaxinar, e coa súa creatividade modifícao levemente ata amosarnos a súa alma oculta. Esa que nós non adoitamos ver. Unha mostra?






Extrañeza, sorpresa, sorriso... Así reaccionamos cando descubrimos a orixinal e irónica asociación de ideas contida en cada foto. Os obxectos son cotiás, pero o seu sentido convértese de pronto nalgo novo e sorprendente... Que non precisa nin de título.

Todo está diante nosa, só hai que saber mirar. 
Máis, AQUÍ.  

Comentarios

  1. Vitoria10/6/13

    Que necesaria a mirada de quen ve no fondo oscuro dunha paelleira un cosmos estrellado!
    Os obxetos rebélanse, non obedecen, queren ser outras cousas... e Chema Madoz en lugar de reprimilos, anímaos e fotografíaos...

    ResponderEliminar
  2. Creo que foi Paul Klee, quen dixo que a arte non busca reproducir o que vemos, senón precisamente facer visibles aquelas cousas que non sempre o son.

    Imaxinación = Liberdade.
    Bendita rebelión!

    ResponderEliminar
  3. marisa12/6/13

    ¡que fotos mais orixinais! mentras as estás vendo non se che vai o sorriso, seguro que o pasaredes moi ben vendo a exposición.

    ResponderEliminar
  4. Estar nunha exposición de Chema Madoz é exactamente así: ir de sorriso en sorriso. E cando por fin saes á rúa, daste conta de que o fas buscando atento calquera signo de pequena rebelión nos obxectos... :)

    Non vos perdades un paseo pola súa web, facendo clic sobre o nome do artista, na primeira liña do texto da entrada.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...