Saltar ao contido principal

Keep Calm and...

... and Know your History!

Mantén a calma e sigue adiante
A liberdade está en perigo. Deféndea con toda a túa forza.
A túa coraxe, o teu ánimo, a túa resolución, levarannos á vitoria

Reino Unido, 1939. Temeroso de Hitler, o goberno británico estuda a forma de subir a moral dos cidadáns ante unha máis que probable invasión xermana do país. Como proba, imprímense estes tres carteis, todos de deseño moi básico e con sinxelos elementos en común: fondo nunha cor, tipografía clara e a coroa británica como símbolo de unión e apoio. Pero finalmente a invasión alemana nunca se deu e estes carteis apenas chegaron a difundirse e coñecerse durante a guerra, ou despois dela.

Ata que no ano 2000 un libreiro inglés atopou unha copia dun deles entre as páxinas duns libros vellos que adquirira nunha subasta. Ao enmarcalo e colgalo na súa tenda, pronto se viu enormemente sorprendido polo gran interese que o cartel espertaba en todos os clientes.





O seu deseño sinxelo pero á vez distinguido, así como un lema moi apropiado para múltiples circunstancias, foi facendo do cartel un obxecto de deseño. Tanto que, como sabedes, a última moda consiste en cambiar parte do texto por frases irreverentes, irónicas ou do máis cómico.... Cal é o voso lema favorito?




Espero que vos gustase esta historia...
Xa sabedes, Keep Calm... e Historia ao poder!

Comentarios

  1. Sandra12/6/13

    Ultimamente teño visto este deseño en carcasas para o móvil, libretas, vinilos, coxíns, etc. Sabía a historia máis ou menos e gustoume. Penso que como xa se está facendo pódese utilizar este lema en moitas circunstancias e é que ademais anima, así pois..." Keep calm and carry on " :-)

    ResponderEliminar
  2. Silvia17/6/13

    Uala! Non sabía iso! Claramente a miña preferida é Keep Calm and Eat Chocolate...jajaja Grazas por esta cómica anécdota Miguel :D

    ResponderEliminar
  3. Jajajaja... Si, entre "Eat Chocolate" e "Study Hard", eu tamén me quedo coa primeira! Tería máis dúbidas co de chamar a Batman... viríanos de perlas un morcego xusticieiro tal como está o mundo.

    Sempre é un bo consello este de manter a calma... O grupo Siniestro Total, nos 80, tamén o fixo seu cando titulou un dos seus discos cun "Ante todo mucha calma"... Coñecerían a historia destes carteis? :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...