Saltar ao contido principal

Publicidade impactante

Cando a miña abuela vía a televisión, os anuncios publicitarios cabreábana profundamente. Para ela, cada anuncio era unha evidente mentira, e o habitual é que fixera mofa dos actores incluso antes de que estes remataran, berrándolles algo así como:
-Si, "lava máis barato"... Ti o que queres é roubar, ladrón!
A miña abuela tería sido unha directora de marketing implacable...

É certo que a publicidade soe ser o intento por parte das marcas de colocarnos os seus produtos. Pero tamén hai veces nas que asume unha finalidade educativa, non comercial. Cando é así, a publicidade convértese nalgo... diferente. Que concentra intelixencia e provocación a partes iguais, pero cun bo propósito. Atopei un bo exemplo na última campaña contra o consumo de alcohol. Pero ten habido outros anuncios, e paga a pena velos.  Algúns son duros... pero tamén necesarios.
Clic na imaxe para ver máis!


Ao fin e ao cabo... Que é a publicidade, senón unha forma de comunicación?

Comentarios

  1. Ola!
    Como na clase, comentamos algo ao respecto da matanza de crías de foca, déixovos AQUÍ esta ligazón:
    http://www.altarriba.org/matanza-de-focas/

    Non é doado de ver, nin de ler, pero... Mirade: a presión, ben feita, funciona! :)
    http://animanaturalis.org/n/41470/suspendida_por_segundo_ano_consecutivo_la_caza_de_focas_en_la_isla_hay_canada

    ResponderEliminar
  2. Hola Migueel! Aquí estamos probando otra vez o comentario. Outro día facémolo máis elaborado xa que nos quedan 2 min. para o timbre! D:
    Deixámosche un chiste intelixente, haber se o entendes!
















    no rpoximo comentario o descubrirás....

    ResponderEliminar
  3. Jajajajaja!
    ... Vale, non o entendo.

    A ver se no próximo logro entón collelo...

    ResponderEliminar
  4. Ola Migueeeeel! Aquí estamos de novo jaja ;D Agora si que che deixamos o chiste intelixente:
    Only there are 10 types of people in the world, which know binary and that not

    Enténdelo? Queres outro máis? :D

    ResponderEliminar
  5. In binary numbers, 10=2! Then, only there are 2 types of people in the world, and I am at first group.
    :)

    Agora tócame a min. A ver se sabedes desta adiviña popular feita só para InteliXentes...
    JaJeJiJoJu!!!

    "Unha señora moi aseñorada,
    que sempre vai en coche,
    e sempre vai mollada"
    Que é?



    ResponderEliminar
  6. MIGUEL MOI BEEEEEN
    Pero que saibas que somos intelixentes e que xa descubrimos a resposta: a linguaa!
    A ver se ti sabes esta:
    "Soy animal en el campo, soy pintura en la ciudad y mi nombre como dice Braulio en esta adivinanza esta."
    Este é moi difícil eeh!! Despedimonos que tocou o timbre
    Chaaao <3

    ResponderEliminar
  7. Buscáchelo seghuro! JaJeJiJoJu?
    Que animal ten pico, pero non pica, patas, pero non camiña, as, pero non voa?
    Adiviña este listillo, haber se eres capaz!
    E déixanos un de paso non oh? ;D
    Un bico e un saudo muuuuuuuuuuac

    ResponderEliminar
  8. Isto está subindo de nivel, Maribel!
    Mentres o penso, recollo a vosa petición, e déixovos outra adiviña:

    "Unha caixiña, branquiña como a cal, que todos saben abrir, mais ninguén sabe cerrar".

    ResponderEliminar
  9. HOLA MIGUEEEEEEEEEEEEEEEEEEEL! Xa adiviñamos a túa adiviñanza JaJeJiJoJu!
    E a resposta eeee............................ o ovo?
    Aínda non adiviñaches a nosa? Esperaremos sentadas
    Un biquiño

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...