Saltar ao contido principal

Os debuxos da Galega

No día das Letras gústame pasar do discurso oficial, e buscar a miña propia e persoal homenaxe ao Galego. Esta mañá, non sei por que motivo, lembreime de todas as cancións que nos gustaba cantar cando eramos pequenos e as nosas tardes se nutrían de bocatas zampados cos debuxos da Galega. Canto ben lle fixo ao galego, ser falado por algúns personaxes animados!


As Bolas do Dragón, As Tartarugas, O Gato Cósmico, ou mesmo Shin Chan fixéronnnos rir en galego.
É difícil escoller unha soa canción, e botaredes en falta outras (cales?), pero...
A que ides sorrir ao escoitalas? 
Clic nos subliñados e... Feliz día das Letras!

Comentarios

  1. si señor, a min songuku en castelán non me gusta, é como se non fosen os mesmos debuxos

    ResponderEliminar
  2. Chichinho31/5/13

    quedome co ENDING de songoku....aquel que dicía....TODO É MOI FABULOSO,MISTERIOSO E SOÑADOR E QUERO IR CONTIGO NESTA VIAXE EXTRAÑA E MOI LONXANA.....DEBES VIVIR BEN ESPERTO,NON MIRAR NUNCA ATRÁS, SO ASÍ LOITANDO...PODERÁS TRIUNFAR....etc etc etc......

    ResponderEliminar
  3. VITO: Tes razón. Non son os mesmos!
    A dobraxe ao galego é mítica:
    -"Es un pinpín, Son Goku".
    -"Voute esnaquizar, verme noxento", etc.

    Por non falar de ver "Pulp Fiction" na TVG... Insuperable.

    Aquí a tes, CHICHIÑO. A túa canción de Son GoKu... Esta cantámola xuntos, cando volvamos xuntarnos todos. A berro pelado... como está mandado:

    http://www.youtube.com/watch?v=-wApvWrMPhU

    ResponderEliminar
  4. Sandra2/6/13

    Penso o mesmo ca Vito, pero tamén con respecto a Sinchan, escoitásteis a canción en castelán, non ten punto de comparación coa galega, ó igual cos debuxos, quédome cos galegos! Máis graciosos e incluso máis doces.

    ResponderEliminar
  5. vito5/6/13

    viva xabarín club!! que gran programa!

    ResponderEliminar
  6. Cagooooo en todo! Falta Gatocan

    ResponderEliminar
  7. Oiches meu!, pois ademais do artigo novo que fagas, poderías rescatar este, porque está moi ben.

    ResponderEliminar
  8. Aaahhhh, é tamén Marsupilami

    ResponderEliminar
  9. Aiiii como se notan os anos! O gatocán cólleme un pouco medrado xa, pero... o marsupilami mátame de vello!

    Tes razón Telmo. Non hai nada como os debuxos que vimos de nenos para recuperar as mellores sensacións da infancia. Acepto a túa proposta e pasadomañá fago unha segunda versión para celebrar o día das Letras.

    Desde xa, recóllense propostas!

    "A aventura comeza, vámola buscar, buscar, buscar, buscar...!"

    ResponderEliminar
  10. jajajajajaja. Sí, nótase a diferenza, aínda así Bolas de Dragón é a mítica serie que todo neno viu na súa infancia (Polo menos dende fai 35 anos), porque me dixo a miña veciña que o vía cando era pequena e agora xa ten dous fillos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...