Saltar ao contido principal

Ilusionade a vista

Mirade que pasada. Chámase Anamorfose, e é unha técnica artística que persigue enganar ao ollo humano xerando unha ilusión óptica, pero que só funciona cando ves as cousas desde un lugar concreto. Un exemplo? Que hai aquí? Un chan e un banco pintados?

Pero se isto non ten forma! Parece.... Pero cando o espectador se sitúa nun punto de vista predeterminado... De repente, descubres impresionado que a imaxe pintada no chan cobra volume, forma, proporción... e case vida!







Incrible, verdade? Algo pintado sobre plano, pasa a verse en 3D! E empregando só tizas de cores!
Outro exemplo? Así se vería se non te sitúas no punto correcto:

E agora, o mesmo, pero vendo o chan desde o punto no que está a cámara. O artista, bromeando coa súa obra:



Parece algo moi novo, pero trátase dunha técnica antiga. O Anamorfismo foi empregado xa polos romanos, e reaparece logo no Renacemento!, cando Piero della Francesa e outros artistas do século XV revolucionaron por completo a pintura, grazas á perspectiva: a técnica de debuxar recreando a  profundidade. Coma en tres dimensións. É por iso que hoxe moitos chaman a isto 3D Street Art. Pero en realidade non deixa de ser un magnífico exemplo de Anamorfose actualizada. Non toda a pintura se fai para enmarcar!

Se vos gusta, deixádevos ilusionar polas obras Julian Beever
Quedaredes coa boca aberta.  Clic AQUÍ. 

Comentarios

  1. Asun8/5/13

    Impresionante! Imaxinade ir camiñando tranquilamente pola rúa e atopar de súbito estas obras de arte...

    ResponderEliminar
  2. Tan impresionante, que incluso empeza a empregarse como reclamo publicitario. Capta, Descoloca, Ilusiona, Comunica. Algúns son... espectaculares.

    ResponderEliminar
  3. Mariña8/5/13

    Guau! Que pasada! Temos que facer unha desas pinturas polas rúas de Tui jajaja :D

    ResponderEliminar
  4. Que boa idea, Mariña! :)
    Propoñémolo? Eu creo que, como mínimo, os profes de Plástica e Matemáticas, sumaríanse a nós encantados! E o resto da túa clase... um, a ver, déixame que pense... paréceme a min que tamén!

    ResponderEliminar
  5. Sandra9/5/13

    :-) Xenial! Encantaríame ver estas obras de arte nas rúas!!

    ResponderEliminar
  6. Si señor, Mary Poppins en directo. Encántame

    ResponderEliminar
  7. Vito! Sandra! Alégrame que vos guste a vós tamén. :) Oxalá poidamos atopar pronto algo así por aquí... Necesitamos tanto da imaxinación!

    ResponderEliminar
  8. Mariña14/5/13

    Podiamos propoñelo para fin de curso como actividade! Seguro que quedaba xenial pola Corredoira :D

    ResponderEliminar
  9. Estou contigo Mariña! Seguro que atopamos xente á que lle parece unha magnífica idea.

    Vós ide pensando no deseño, que eu empezo a mover fíos! :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...