Saltar ao contido principal

Fantasmas da Historia

Pois esta entrada vai para Diego Diz, historiador en cernes, que o pasado venres me levou a esta incrible páxina: "Ghosts of History", que agora tamén vós ides coñecer.
Compañía envolvendo unha columna de presos alemáns
Xa veredes que historia tan orixinal. Un día, revolvendo nun mercadiño nas rúas de Amsterdam, a artista Jo Hedwig atopouse cun fato de negativos de fotografías tomadas durante a Segunda Guerra Mundial. Ao revelalas, deuse conta de que coñecía moitos dos lugares retratados, e ocorréuselle viaxar ata eses sitios para tomar unha nova foto, no mesmo punto e desde o mesmo ángulo. Xa na casa, ao superpoñelas, e retocalas un pouco para eliminar a paisaxe da foto antiga, descubriu que o resultado era impresionante, case fantasmal. 
Auswicht, 1945. Soldados rusos liberan aos presos deste campo de concentración nazi
Tan impresionante, que Jo empezou a tirar do fío para intentar dar cos escenarios dalgunhas fotos que ela non recoñecía, e que resultaron ser doutros países, aos que tamén se desprazou para poder continuar co traballo. Un proxecto orixinal, de tanto interese histórico como artístico, e que ela nos presenta a través do título "Ghosts of History". Fantasmas que regresan da Historia para contárnola en imaxes.
Soldados estadounidenses e cidadáns retiran un cartel dunha organización da Alemaña nazi

Comentarios

  1. Vitoria16/4/13

    Parecen fotos feitas polo Ángel de la Historia tal como o describe Walter Benjamin:
    "Los ojos se le ven desorbitados, tiene la boca abierta y además las alas desplegadas. Pues este aspecto deberá tener el Ángel de la Historia. Él ha vuelto el rostro hacia el pasado. Donde ante nosotros aparece una cadena de datos, él ve una única catástrofe que amontona incansablemente ruina tras ruina y se las va arrojando a los pies. Bien le gustaría detenerse, despertar a los muertos y recomponer lo destrozado. Pero, soplando desde el Paraíso, una tempestad se enreda en sus alas, y es tan fuerte que el ángel no puede cerrarlas. Esta tempestad lo empuja incontenible hacia el futuro, al cual vuelve la espalda mientras el cúmulo de ruinas ante él va creciencio hasta el cielo. Lo que llamamos progreso es justamente esta tempestad”.

    ResponderEliminar
  2. Como a Benjamin (alemán, xudeu, filósofo, marxista... que suicidouse nunha pequena aldea catalana antes que verse entregado a Hitler), tamén o pasado histórico me parece unha morea de cinzas, mortos e destrución... e o futuro unha negra nube na que é seguro que atoparemos xenerosas doses do mesmo.

    Hai historiadores que din que a Historia serve para non repetir os erros do pasado. Pero a propia Historia, coa axuda do tempo, ensínache que non. Para o que serve a Historia é para coñecer a condición humana, e para comprender, por fin, que estamos condenados a cometer eternamente os mesmos erros do pasado. Coñecelos, tamén permite recoñecelos, e afrontalos con lucidez.

    Benjamin tomou como inspiración para a súa teoría do "Anxo da Historia", un debuxo de Paul Klee, coñecido como "Angelus Novus".
    http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Klee-angelus-novus.jpg

    Eu en cambio imaxínoo cun rostro similar ao que quedou impreso neste negativo:
    http://www.ghostsofhistory.co.uk/products/ghosts-of-history-france-left-behind-2/


    "Tesis sobre la Filosofía de la Historia", de Walter Benjamin. Grazas por amosarnos este libro, Vitoria, e por deixárnolo sobre esta mesa, aberto pola páxina máis interesante.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...