Saltar ao contido principal

Caronte: 2 anos navegando

Moedas para Caronte cumpre 2 anos! 
Razón de máis para saír a navegar... Clic na foto!


Sempre me acordo de alumnos e exalumnos a conta deste blog, e especialmente en días coma este. Dalgunha maneira aquí estades todos, e con todos vós gustaríame celebralo. Porque sei ben que se Caronte segue remando é grazas aos que sodes parte desta tripulación. O que non sei é se vós sabedes canta ilusión, sorrisos e ideas sementades para que isto siga adiante. Oxalá que si. Que o saibades. E que sigamos compartindo moedas, historias e anos. Grazas por estar aí, e feliz aniversario!

Por certo! Dobre motivo para celebrar. Porque Moedas para Caronte vén de ser elixido un dos finalistas do Premio Espiral Edublogs 2013. Un recoñecemento enorme, que é todo un motivo de alegría. Desde aquí, parabéns a todos os finalistas, e moita sorte na emocionante final do 11 de maio.

Comentarios

  1. Sandra28/4/13

    Bravo!!! Noraboa!! Polo segundo aniversario e por ser finalista dos premios Edublogs!! Ben merecido!! Que Caronte siga navegando así de ben e cheo de moedas para compartir!

    ResponderEliminar
  2. Enhorabuena por esta nominación. Des de GALITIC os deseamos mucha suerte y sobretodo que podáis continuar con éste magnífico bloc. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Samantha29/4/13

    MOITAS FELICIDADES! Por partida dobre jeje. Leva dous anos navegando e espero que siga así moitos máis! Cada vez que vexo o blog lémbrome das túas clases e non podo evitar sorrir... :)
    Sorte co premio!!

    ResponderEliminar
  4. Silviia29/4/13

    Felicidades Miguel! Moi orixinal o video, e que cumpla moitos máis. Moita sorte co premio, que o tes moi merecido :)

    ResponderEliminar
  5. marisa29/4/13

    Noraboa Miguel: O vídeo quedou moi chulo, e tamén felicidades por quedar finalista nos premios edublogs, ó final tanto traballo ten a sua recompensa, ¡¡¡moi merecido!!!

    ResponderEliminar
  6. Moitas grazas! :)
    É un pracer ver arredor e saber que non navegamos sós. Aquí estarei, con premio ou sen el, lanzando moedas e esperando atoparvos de novo.

    ResponderEliminar
  7. É un privilexio atopar un recuncho coma este na rede. Grazas, Miguel, por estas moedas que nos axudan a seguir a nosa travesía!
    Parabéns por estes dous anos de viaxe e por esta merecida nominación!

    ResponderEliminar
  8. Vitoria30/4/13

    Noraboa, Capitán!
    Síntome parte da túa tripulación, estou desexando saber a que porto me levarán as túas palabras mariñeiras na próxima entrada de Caronte, e na seguinte....
    PARTAMOS!

    ResponderEliminar
  9. Moitas grazas! Privilexio é ter unha tripulación coma vós, viva e desexosa de navegar cara outros portos, e de compartir estas outras moedas.

    ResponderEliminar
  10. (Subíndose ó escritorio)
    "Me he subido a mi mesa para recordar que hay que mirar las cosas de un modo diferente. El mundo se ve distinto desde aquí arriba"
    Noraboa por facernos ver as cousas dun xeito diferente e que podemos ser libres soñando. ;)

    ResponderEliminar
  11. O inigualable John Keating debuxaría un sorriso con este comentario. Máis ou menos así :)

    ResponderEliminar
  12. Encantame o teu blogue. Desde Filonexos desexamoste sorte, aínda que sexas unha competencia dura de roer. Apertas

    ResponderEliminar
  13. Moitas grazas, Eva! Alégrame moito que che guste. A ver se temos sorte e nos vemos en Madrid. Parabéns, e moito ánimo!

    ResponderEliminar
  14. noraboa Ab., espero que esta xanela cumpla moitos máis e siga despertando a nosa curiosidade e alimentando un xeito creativo de ollalo mundo. bikiños

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...