Saltar ao contido principal

Sopa de Plástico

Hai unha inmensa illa de plástico, do tamaño de Estados Unidos, xirando no medio do océano Pacífico, incansable, ao compás das correntes. Os científicos chámana Sopa de Plástico, polo difícil de vela incluso con satélites, ao estar formada por billóns de cachiños de apenas 4 milímetros.

Pero o que si se ve son as terribles consecuencias: nos mares, na costa e en toda a cadea alimentaria. Especialmente preto da enorme Sopa. Por cada medio quilo de plancton, do que se alimentan miles de especies mariñas, atópanse tres! de plástico. O vídeo, rodado nas illas Midway, entre América e Asia, é espeluznante. Tan preocupante e revelador como navegar un rato pola web El plástico mata


Segundo a ONU, máis dun millón de aves mariñas e cen mil mamíferos morren cada ano ao confundir as partículas de plástico co seu alimento habitual. Tamén o 40% dos poliños de albatros das illas Midway. Todo ese plástico nunca se desintegra. Xa estamos coméndoo... e non merecemos outra cousa. 

Comentarios

  1. Sandra8/3/13

    Horrible. Unhas imaxes moi duras pero que todos debemos coñecer. Soño con que algún día todo o mundo coide e respete a natureza, os animais. Sei que somos moitos os que loitamos e desexamos esto, así que ogallá este soño se vexa máis cedo que tarde cumprido.

    ResponderEliminar
  2. Teño poucas esperanzas...
    Pero seguramente se conseguirá cando nós mesmo esteamos coma eses albatros, co estómago cheo do plástico que xa estamos empezando a inxerir na carne dos peixes que nos comemos.

    Estase intentando recadar fondos para construír barcos que poidan limpar a Sopa de Plástico do Pacífico. Pero... aínda que funcione, o problema non está alí. O problema está en nós.

    Cantos envases de plástico tirasteis ao "lixo" hoxe?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...