Saltar ao contido principal

Navegar entre Tornados... ou Trombas

Isto captouse onte fronte á costa, desde A Guarda ata as illas Cíes.


As fotografías aparecen hoxe en La Voz de Galicia. Semella un tornado, pero chámase Manga ou Tromba de auga, e, aínda que perigosos, son menos violentos. Fórmanse con frecuencia no mar, sempre baixo nubes con forma de cúmulo, esas nubes algodonosas, de gran desenvolvemento vertical, e que por dentro son en realidade columnas de aire cálido e húmido que se elevan xirando en espiral. Os cúmulos traen choivas, tormentas, mal tempo, e de vez en cando trombas de auga como as de onte, que conectan a nube co que ten debaixo. Así se forman as impresionantes columnas das fotos.

Vin varios barcos de gran tonelaxe pasando onte por esa zona. Cando o mar está así, para un navío e a súa tripulación non hai saída. Ninguén pode deter un temporal, nin pedirlle ao mar que pare de moverse, nin baixarse do barco. En días así, incluso os faros parecen ter que navegar. Xa o di Telmo, o fareiro do marabilloso cómic "El Faro", de Paco Roca:

"El faro es el límite extremo de la tierra. 
Y cuando las olas cubren con furia el espigón, es como estar navegando en él"

Comentarios

  1. Sandra18/3/13

    A verdade é que nunca pensamos que estes fenómenos metereolóxicos cheguen tan preto nosa, unhas fotos impresionantes e velo en directo tivo que selo máis. Nin que decir ten o vídeo dos faros...buff..parece mentira que aguanten as "embestidas" dese mar "embravecido".

    ResponderEliminar
  2. E que te colla navegando nun veleiro xa nin falamos... Gustaríame telo visto... coa distancia adecuada.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...