Saltar ao contido principal

Johnny colleu o seu fusil

Coma todos, Johnny foi á guerra co símbolo da vitoria. Nunca máis volvería poder facer este xesto. 
Brutal peli, na que a banda Metallica se inspirou para dar o mellor tema metal da Historia: One.
Cun clic no cartel, podedes escoitar e ver o potente videoclip, gravado con imaxes da película.


É curioso o por que do título. Na I Guerra Mundial había unha melodía que convidaba a un tal Johnny e a todos os mozos estadounidenses a poñerse patrióticos, coller as armas e marchar á fronte a defender a nación. O título desta película é xustamente unha resposta a iso. Dinos o que pasou con aquel mozo da canción... E pasou que, en efecto, Johnny colleu o seu fusil, despediuse dos seus, marchou á guerra... e volveu dela mutilado e impedido de por vida.

O argumento incomoda e agobia. Ferido pola explosión dunha bomba e encamado nun hospital, Johnny ve impotente como vai perdendo as pernas, os brazos, a vista, o oído, o olfato e o gusto. Reducido a un torso tapado por unha saba, todos os seus esforzos se centrarán en lograr comunicarse dalgún xeito cos médicos, para pedirlles que o maten, mentres chora por dentro, lembrando a súa historia. Que se parece moito a de todos eses mozos que mandaron a unha guerra allea, estúpida e cruel. A mesma que estudamos.

Dádelle unha oportunidade. Inesquecible. Diferente a Carreiros de Gloria... e tamén a War Horse

Comentarios

  1. Para impacientes, escoitar "One" a partir do minuto 4.

    ResponderEliminar
  2. A verei (e a mirarei) esta fin de semana, so dicirche, que One merece ser escoitada desde o segundo 1, que se aguanten os impacientes!

    ResponderEliminar
  3. Jajaja. Di que si, Diegote! Non podo estar máis de acordo.

    Acabo de ver que a peli está enteira e gratis en youtube, en varias partes. A parte 1 empeza aquí:
    https://www.youtube.com/watch?v=DnQBcF54m8c

    Anímate (animádevos) a vela. Mellor co estómago baleiro!

    ResponderEliminar
  4. Antón31/3/13

    Impresionante peli. Por certo, a canción que utiliza Metallica para comezar os seus concertos é da banda sonora da peli!

    ResponderEliminar
  5. Pois mira, iso non o sabía Antón! Nunca fun a un concerto de Metallica. Pero paréceme unha xenial forma de empezalos!

    ResponderEliminar
  6. Negativo, non é por ir aqui de listillo, jaja, pero Metallica comeza os concertos con unha escena de ''El Bueno, el Feo y el Malo'' de Sergio Leone :) Pero uns dos videoclips de ''One'' sí que leva escenas da peli de Dalton Trumbo.

    ResponderEliminar
  7. Jajajaja... Listillo? :D
    Agora que o dis, Duarte, si que é verdade que empezan coa mítica canción de "El bueno, el feo y el malo". E de mostra, un botón:
    https://www.youtube.com/watch?v=YBF7azSOIZo

    Que luxo de comentaristas!
    Cando veñan a Galicia... imos, non?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...