Saltar ao contido principal

Gran Torino. Gran Clint

Non todas as pelis se agarran á memoria. Esta si. E Clint Eastwood tamén (Trailer, aquí).


Quen lle ía dicir a Walt, descendente de polacos, veterano da guerra de Corea, obreiro xubilado da Ford, viúvo, dono dunha cadela labrador, rosmón, solitario, e inflexible... que o seu impecable Gran Torino do 72 o achegaría a todos eses AtonTaos, Jamones e Yogures que se foran instalando no seu barrio? Quen lle ía dicir que eses veciños orientais aos que tanto odiaba, tiñan en realidade máis cousas en común con el que a súa propia familia?  Quen lle ía dicir que o seu Gran Torino serviría para abrir unha ventá na súa forma de ver e pensar o mundo que o rodea?

É a segunda vez que subo Gran Torino a Caronte. Fágoo porque Clint e a súa película o merecen. Esta é unha das mellores pelis sobre o racismo, os prexuízos e as migracións que se pode ver. Sobria, humana, emotiva, didáctica, aleccionadora sen necesidade de discursos nin panfletos. Cómica por momentos, aínda sendo un drama, Gran Torino pode axudar a desterrar prexuízos, a afastar a estupidez, e a pensar nas cousas que de verdade importan. Acordádevos dela. Lembrade a Walt Kowalski

Comentarios

  1. Sandra26/3/13

    Gran Torino!! Gran película!! Eu vina no cine e encantoume e agora que a vexo nesta entrada, penso que nestas mini vacacións "cae" de novo. Non a podías describir mellor Miguel! Unha película 100% recomendable.

    ResponderEliminar
  2. Si, é unha película que eu creo que nos gusta a todos. Desde logo, das que poño na clase, creo que é das que máis lles gusta... aínda que aquí non mo digan :)

    É curioso. Gústame moito ir vendo as reaccións dos alumnos a medida que a historia transcorre. Ao principio, cando Walt está coa súa familia, o que máis se escoita na clase son cousas como "Que desagradable o vello", ou "Vaia cara"... pero é moi bonito ver como esa impresión inicial se vai transformando a medida que pasan os minutos e podemos empezar a coñecer todo o que Kowalski oculta baixo a súa fachada de tipo duro, rosmón e resabiado. Ao final, creo que todos pagarían por ter un avó como Walt... incluso sen Gran Torino...

    ResponderEliminar
  3. Gran pelicula!! A verdade e que fai tempo que non mirara peliculas tan boas coma esta.

    ResponderEliminar
  4. Ahmed! Alégrame moito que che gustase tanto. Disfruta estes días de descanso!

    ResponderEliminar
  5. Noelia P3/4/13

    A min qustoume moito a pelicula, rimonos moito co as cousas que dicia Walt.Eu creo que a toda a clase lle gustou moito.XD

    ResponderEliminar
  6. ..."Que tramais, morenos?"
    Si Noelia, tes razón. A verdade é que a peli está sementada de frases memorables. Pero o mellor, sen dúbida, é a actitude. É con iso co que Walt nos atrae, nos gaña e nos convence para ver as cousas con outros ollos. A peli, como lle pasou a Walt, ensínanos que é mellor coñecer cá ter prexuízos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...