Saltar ao contido principal

El indomable Will Hunting

Will posuía un don: tiña unha intelixencia apabullante. Pero tamén un montón de medos e condicionantes que non o deixaban medrar, como unha infancia turbia, a vida que levaba no barrio, ou algúns problemas coa lei. En realidade,  Will era un macarrilla


Ata que, tras resolver varios problemas matemáticos mentres limpa nun edificio universitario, alguén dalle a oportunidade de reconducir a súa vida. Entón Will, tan brillante como faltón, tan duro como cagado de medo, terá que empezar a elixir entre a súa vida de sempre (traballos fáciles, amigos, copas, broncas) ou as enormes e descoñecidas posibilidades que o seu talento lle ofrece. 

Hai moitos momentos brillantes nesta película... AQUÍ, comparto o que máis me gusta: Will, en plan desafiante, coa única persoa que saberá axudarlle: un peculiar profesor e terapeuta. Ou como diría el, cun "puto comecocos". Quizais só un xenio pode facer pensar e sentir a outro xenio.

Se tedes tempo e ganas, atoparédela fácil en internet, pois é do ano 1997 (recibiu dous Óscar). E senón, por suposto, préstoa con gusto, porque estou seguro de que deixará pegada en vós.

Comentarios

  1. Un dos Oscars foi para os dous guionistas, dous nenos prácticamente, Matt Damon e Ben Affleck que son amigos de toda a vida e escribiron esta obra en formato de película de acción pero os productores fixeron que cambiaran de idea e orientaran o guión hacia o drama... Gus Van Sant tamén foi escollido polos dous actores para dirixir a película. Boa peli e mellor director... se quereres ver algo máís de Van Sant empezade por ''Elephant'' e acabade por ''Gerry''.

    ResponderEliminar
  2. Pois mira: eu non sabía que eles escribiran o guión pensando nunha película de acción... O cambio foilles perfecto! De feito, ese ano gañaron o premio Oscar ao mellor guión orixinal... ademais do de mellor actor secundario para Robin Williams.

    Que non está mal, non? Sobre todo, tendo en conta que naquela edición estaba a película "Titanic", que levaría practicamente todos os premios (once!).

    pd: Por certo, eses dous amigos tan novos, escribindo un guión a medias... lémbranme a certos cineastas que eu coñezo, nos seus inicios... :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...