Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións : a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...
De novo Caronte bríndanos unha nova historia de superación, unha lección de vida. Emocioneime ao ver a Gabriel xogando a fútbol, facendo realidade o seu sono.
ResponderEliminarGuau, que ejemplo máis grande de forza e de superación.
ResponderEliminarGabriel tendría que ser un exemplo para moitas persoas, quen quere, pode.
Cada vez me sorprende mais, Caronte, un mundo no que te podes encontrar calqueira cousa.
Imaxinades como se sentirán os pais e irmáns deste rapaz véndoo superarse así? Lembrádevos de Gabriel: non hai obstáculos, poñémolos nós.
ResponderEliminar(Sorriso dos grandes). Que importante é loitar polos nosos soños e que tremendo ten que ser cumplilos, a sensación de Gabriel, da súa familia debe ser impresionante, única. Un exemplo a seguir.
ResponderEliminar