Saltar ao contido principal

O soño de Gabriel

Gabriel ten 11 anos. E non ten pés. Pero o que si ten é algo moito máis importante. Ilusión. Ganas. Loita. Superación. Obxectivos. Esforzo. Soños. E moita, moita vida. Para el, non hai obstáculos. Por iso, o mes pasado, a súa ilusión, talento e superación levárono a cumprir un soño gañado a pulso. E vaia soño.


Quen dixo que "non se pode"?
Non hai límites; os límites poñémolos nós.
Máis sobre as habilidades e a historia de Gabriel, facendo clic AQUÍ.

Comentarios

  1. De novo Caronte bríndanos unha nova historia de superación, unha lección de vida. Emocioneime ao ver a Gabriel xogando a fútbol, facendo realidade o seu sono.

    ResponderEliminar
  2. Guau, que ejemplo máis grande de forza e de superación.
    Gabriel tendría que ser un exemplo para moitas persoas, quen quere, pode.
    Cada vez me sorprende mais, Caronte, un mundo no que te podes encontrar calqueira cousa.

    ResponderEliminar
  3. Imaxinades como se sentirán os pais e irmáns deste rapaz véndoo superarse así? Lembrádevos de Gabriel: non hai obstáculos, poñémolos nós.

    ResponderEliminar
  4. Sandra29/10/12

    (Sorriso dos grandes). Que importante é loitar polos nosos soños e que tremendo ten que ser cumplilos, a sensación de Gabriel, da súa familia debe ser impresionante, única. Un exemplo a seguir.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...