Saltar ao contido principal

Chove... Seda

Chove. Sosteño. Encadro. Mido a luz. Danzan árbores, sinuosas, ondeando no visor. Sopeso o movemento. Axusto. Velocidade. Diagragma. Telemetría. Enfoco. Esbaran, trémulas, perezosas, as bágoas no vidro. Disparo. Clic. Capturo o incapturable. Detense o tempo. Reflectido no espello en 45 º. Rebota un trozo de vida. Trepidado. Chovido. Derramado. Fronte aos ollos. Observo. Revelo a imaxe enxaulada. Positivo o negativo. E entón, de súpeto, revélase canda ela a memoria daquel libro mil veces lido, daquela páxina cen veces subliñada, daquela cita que un día envolveu ao lector na telaraña da historia tecida. Observo a fotografía.... E recordo a poderosa pócema de palabras:



"Llovía su vida, frente a sus ojos, espectáculo quieto".

Pronuncio, rumiante, a nutritiva cita. Escavo entre lomos de títulos. Rebúscoa con precisión arqueolóxica no libro. Amaso páxinas. Persigo coa mirada os trazos vivos e entusiastas do grafito. Rememoro a delicada historia. E cobizoso de agasallala e apuntalala na memoria (miña, vosa), reescribo, envexoso, o insólito inicio...

"Aunque su padre había imaginado para él un brillante porvenir en el ejército, Hervé Joncour había acabado ganándose la vida con una insólita ocupación, tan amable que, por singular ironía, traslucía un vago aire 'femenino'. Para vivir, Hervé Joncour compraba y vendía gusanos de seda..."


Seda, Alessandro Baricco
(editorial Anagrama)

Comentarios

  1. E o seu final... "De vez en cuando, en los días de viento, bajaba hasta el lago, y pasaba horas mirándolo, puesto que, dibujado en el agua, le parecía ver el inexplicable espectáculo, leve, que había sido su vida."

    Unha sorpendente e conmovedora historia, nostálxica coma un día de chuvia... Unha sucesión de "pócemas de palabras"...

    ResponderEliminar
  2. O final é incrible, Asun. É un libro espectacular, tan fino e suxerente como o seu título. Lino hai oito anos, e quedei sobrecollido. E desde entón non coñecín nin un só lector ao que non lle guste.

    É imposible elixir unha única cita, pois todas as páxinas teñen algunha frase redonda. Esta paréceme que tamén retrata ben a sinxeleza e magnetismo do personaxe principal:

    "A quienes venían a visitarle les relataba sus viajes. Escuchándole, la gente de Lavilledieu aprendía el mundo y los niños descubrían lo que era la maravilla. Él narraba despacio, mirando en el aire cosas que los demás no veían."

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...