Saltar ao contido principal

Cuento

Ilustración de Gustave Doré, para "La Divina Comedia" de Dante
Caronte se inclinó hacia delante y remó. Todas las cosas eran una con su cansancio.

Para él no era una cosa de años o de siglos, sino de ilimitados flujos de tiempo, y una antigua pesadez y un dolor en los brazos que se habían convertido en parte de un esquema creado por los dioses y en un pedazo de Eternidad.

Si los dioses le hubieran mandado siquiera un viento contrario esto habría dividido todo el tiempo en su memoria en dos fragmentos iguales.

Tan grises resultaban siempre las cosas donde él estaba que si alguna luminosidad se demoraba entre los muertos, en el rostro de alguna reina como Cleopatra, sus ojos no podrían percibirla.

Era extraño que actualmente los muertos estuvieran llegando en tales cantidades. Llegaban de a miles cuando acostumbraban a llegar de a cincuenta. No era la obligación ni el deseo de Caronte considerar el porqué de estas cosas en su alma gris. Caronte se inclinaba hacia adelante y remaba.

Entonces nadie vino por un tiempo. No era usual que los dioses no mandaran a nadie desde la Tierra por aquel espacio de tiempo. Mas los Dioses saben.

Entonces un hombre llegó solo. Y una pequeña sombra se sentó estremeciéndose en una playa solitaria y el gran bote zarpó. Sólo un pasajero; los dioses saben. Y un Caronte grande y cansado remó y remó junto al pequeño, silencioso y tembloroso espíritu.

Y el sonido del río era como un poderoso suspiro lanzado por Aflicción, en el comienzo, entre sus hermanas, y que no pudo morir como los ecos del dolor humano que se apagan en las colinas terrestres, sino que era tan antiguo como el tiempo y el dolor en los brazos de Caronte.

Entonces, desde el gris y tranquilo río, el bote se materializó en la costa de Dis y la pequeña sombra, aún estremeciéndose, puso pie en tierra, y Caronte volteó el bote para dirigirse fatigosamente al mundo. Entonces la pequeña sombra habló, había sido un hombre.

"Soy el último", dijo.

Nunca nadie antes había hecho sonreír a Caronte, nunca nadie antes lo había hecho llorar.

Caronte, Lord Dunsany (1915)

Comentarios

  1. Samantha30/7/12

    Conmovedor... Por certo, eu teño unha pregunta: A que se debe que o teu blog se chame "Moedas para Caronte"?

    ResponderEliminar
  2. Silvia30/7/12

    Si, eu tamen teño esa duda.Como se che ocurreu?

    ResponderEliminar
  3. Pois intento explicalo na columna lateral, baixo o título "Moedas para quen?", pero nunca está de máis recordalo, e a verdade é que agora vén moito ao xeito.

    Os gregos crían que cando alguén morría non podería pasar ao Hades ou mundo dos mortos, se non levaba con el unha moeda para pagar ao único que podía levalos ata alí: Caronte. É por iso que tiñan o costume de poñer unha moeda na lingua (ou sobre os ollos, como se ve na película "Troya") aos defuntos: para pagar ao barqueiro. Se un morto non tiña moeda, quedaba condenado a vagar pola beira durante cen anos, ata que Caronte accedera a portalo sen cobrar. Un sufrimento.

    Todos nos atoparemos algún día con Caronte. Así que vivir tamén debera ser traballarse esa moeda para o inevitable momento. As "moedas" son o que nos fai mellores: as cousas que aprendemos, o que vivimos, o que nos axuda a tomar conciencia de como é a vida: os libros, as historias, as viaxes, as emocións, as películas, as noticias...

    Na clase non sempre hai tempo para compartir estas cousas e reflexionar xuntos sobre elas, e por iso existe este blog. Cada entrada nace querendo ser unha moeda, algo útil para a vida: para entendela, ou simplemente para levala mellor. Pero case sempre as entradas só son entradas, e sodes vós, coa vosa óptica e o voso modo de interpretalas, os que as convertedes nalgo válido para a vida. Nunha Moeda para Caronte.

    ResponderEliminar
  4. Samantha31/7/12

    Eu coñecía a historia de Caronte, pero non lograba entender porque se chamaba así o blog. Agora, sí.
    E unha boa forma de aprender novas cousas.

    ResponderEliminar
  5. Sandra31/7/12

    Cómo nos gustaban as moedas de chocolate de pequenos!! lembrades?! Hainas pequenas e hainas grandes, ó velas poñiánsenos os ollos coma pratos! Estas son as moedas que ti Miguel nos repartes, moedas que nos endulzan a vida, que nos ensinan, que nos aportan tanto, que nos fan pensar,...dentro delas ti es a grande Miguel porque sen ti non sería posible este tesouro que é Moedas para Caronte!

    ResponderEliminar
  6. Teño unha grande debilidade polo personaxe de Caronte. Ese vello silencioso e rosmón, condenado para sempre a remar portando almas, paréceme tan triste como fermoso, e tamén unha acertada metáfora da morte. As inesquecibles veces que estiven no Museo do Prado, sempre quedei marabillado ante o cadro "Caronte cruzando a lagoa Estixia". Aparece na primeira entrada do blog, que se titula "Perderse, para atoparse" (para vela, podedes poñer este título no buscador do blog).

    O antigo costume de poñer unha moeda baixo a lingua ou sobre os ollos é para min dunha beleza e unha tenrura máximas: "alá onde vaias, chegarás, porque eu poño esta moeda en ti para que poidas chegar".

    A outra clave, foi unha pasaxe dunha novela de Pérez-Reverte. Nela, o atormentado protagonista métese a diario no mar para nadar ata unha boia algo afastada e volver á praia. Ata que unha mañá, nadando, pregúntase que haberá máis alá das 300 brazadas que o separan da boia; baixo a lingua, sente o sabor a cobre dunha moeda...

    Por último, creo que hoxe cometemos un erro que non cometían os nosos antepasados hai poucos anos: ocultamos a morte, coma se non fose parte da vida. E é un erro, porque a morte está aí, á volta da esquina, e é bo saber que está e que nos pode tocar, para vivir mellor e máis conscentes a nosa vida. Hai un artigo do mesmo autor que fala sobre isto, e que me inspirou á hora de buscar o nome para o blog. É un texto didáctico e coa súa graza, así que déixovos a ligazón: http://arturoperez-reverte.blogspot.com.es/2009/07/sin-moneda-para-caronte.html

    Aquí, as moedas grandes sempre as poñedes vós. Pero aínda así... Grazas Sandra! Quedas convidada a unha moeda das grandes. E Samantha e Silvia a outra, como está mandado.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Equinoccio versión San Miguel de Celanova

Aliados coa natureza, tamén nós podemos facer cousas incribles . Mirade que beleza. Hai máis de mil anos, polo século X, os monxes do mosteiro de Celanova decidiron construír no horto do convento unha capela diminuta para honrar coas súas oracións ao fundador do mosteiro. Diminuta e única no seu estilo, entre visigodo e mozárabe. Tan perfecta que a capela está matematicamente aliñada para captar polas ventás a luz do amencer en dous días concretos e moi especiais do ano: o equinoccio de primavera e o de outono .   E a que non sabedes que día foi hoxe...? Vía Nun par de minutos espectaculares , a luz do sol cólase polas estreitas ventás da fachada Leste e, tras atravesar como un coitelo o escuro interior da capela, sae exactamente pola estreitísima ventá que decora a fachada contraria, formando o rosetón de luz que tan ben se ve na fotografía. Non sei que pensarían os monxes cando vían isto cada primeiro día da primavera e o outono... Cun espectáculo así, preg...

A memoria da choiva

Ollo... Esquecédevos da riquiña  Os fillos do mar . A nova novela de Pedro Feijoo entra polos ollos de maneira despiadada e con auténtica ira. A ira de Rosalía, que emerxe vingadora nunha serie de brutais crimes . Todo iso que nos contaron dunha Rosalía de Castro feble, depresiva e nostálxica quizais non era máis cá un monte de merda arroxado sobre a súa verdadeira personalidade. É que non o vedes? A moitos lobos interesáballe vendela así, manipulada e desdebuxada ata o extremo. Pero sen que eles puideran sabelo, todo ese conto, todas esas mentiras foron inxectando nalguén que permanecía oculto " un sangue negro, duro coma o ferro, un río mesto e pegañento de cólera e desesperación ". E agora, cando menos o agardaban, chegou a hora. Alguén está a tomarse, con violencia e brutalidade extremas,  a xustiza pola man . Santiago de Compostela, ese impresionante escenario . Un coñecido colaborador televisivo aparece asasinado na súa casa cun ferro de vinte e dous centímetr...