Saltar ao contido principal

Saber venderse: Vigo in London

Falábavos o venres do orixinal e belísimo anuncio que Vigo fixo para captar viaxeiros e turistas (sector terciario) ingleses, e máis en concreto de Londres, onde agora xa sabedes que hai unha Vigo Street. Se eu fose inglés, despois de ver un vídeo así, mataría por botarme ao Atlántico, despregar velas e tomar polas armas as Cies, a Ría de Vigo e a propia cidade. Como naquela batalla naval de Rande, en 1702. 

Gozádeo, porque isto é Galicia. E é noso.

Comentarios

  1. Que interesante, Galicia chegando a todo o mundo. Dando o mellor que ten para atraer turistas, eso espero, que solo sexan turistas. Porque se ven xente para asentarse, Galicia vai perder bastante maxia e frescura, pasaría de o lugar das bruxas e dos montes a un lugar máis ou menos común.

    Gustoume esa última frase: Una ciudad que no se conquista, dónde tú puedes ser el conquistado.

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo Denís, pero so en parte.

    Non sei se vos ten pasado, pero ás veces un atópase xente de fóra máis namorada e implicada en coidar e vender Galicia cá os propios galegos.

    Por outra banda, creo que temos o inimigo en casa: a incultura, a desidia, a ignorancia, o gusto pola chapuza e o feísmo, a falta de normas ou de mecanismos reais para que se cumpran, o "ti vai facendo" co que moitos alentan todo isto... Somos nós os que destrozamos Galicia. Aquí está todo feito, o único que facía falla era adecentar, sinalar, dar a coñecer, e meter a menor cantidade posible de cemento.

    Porque á maioría dos ingleses, como a nós mesmos ou calquera outro, o que lles gusta é a autenticidade, a natureza, as paisaxes inalteradas, a historia (Rande, Drake, Verne...), a arquitectura entendida como arte, a boa cociña con produtos naturais e de calidade, ou a oportunidade dun ocio divertido pero tranquilo... en fin, todo iso que sempre estivo aí e que o anuncio xuntou tan ben. Se temos claro que a nosa riqueza está en toda esa autenticidade, Galicia será sempre Galicia (e non Salou, por exemplo), por moitas turistas que veñan.

    Tamén me gustou moito a última frase. En Vigo están moi orgullosos da súa reconquista da cidade aos exércitos franceses de Napoleón. De aí iso de que "non se conquista"...

    ResponderEliminar
  3. Gracias por poñer esto en época de exames ¬¬ ahora teño ganas de tirar con todo e irme para Vigo, mollar os pés á praia... :)

    ResponderEliminar
  4. E quen non?! Pero non tires aínda nada. Rema duro, que xa se albiscan os tesouros da ría! (xa queda menos para todos).

    ResponderEliminar
  5. Sandra4/6/12

    Dan ganas de ser conquistado! o vídeo dende logo que o consigue! Gustoume moito, imaxinádesvos un de toda Galicia...sería impresionante!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...