Saltar ao contido principal

O espectáculo do camión do lixo

Rétovos a non sorrir con esta historia. Pero aviso, perderedes. Cada mañá, desde hai cinco anos, os nenos dun colexio en Madrid agardan como auga de maio polo camión do lixo. Cando este chega, non importa o rebumbio ou o cheiro, todos os nenos corren ata a cerca para ver o espectáculo de espectáculos. E entón baixa el. Un humilde e xenial empregado municipal do servizo de limpeza. E fai isto:


Maxia? Non: empatía, sensibilidade, alegría. E é que todos queremos que nos fagan rir. O mesmo día en que din con esta noticia (un traballo case arqueolóxico nos tempos que corren), lin outra que explicaba que este empregado, asustado pola difusión deste vídeo, solicitara un cambio de rolda para evitar ser despedido; tiña medo. Despois, un comunicado da empresa aclarou que nada diso, que se sentían encantados de ter un empregado así, e que este poderá seguir facendo rir aos nenos do colexio co seu minuto de gloria a base de saúdos, coreografías e cancións. E respirei, coma se fose un neno dese colexio.

Agora que vemos como os bancos e os mercados nos gobernan, cousas coma esta son máis necesarias cá nunca para telo claro. Para saber e ter moi presente, que o mellor da vida non está no que podemos comprar, senón nos xestos que podemos dar a outros. E digo podemos porque, pese ao seu incalculable valor, son gratis. Ironías desta noria na que xiramos... Por certo, quen gañou o reto?

Comentarios

  1. Sandra11/6/12

    Eu non gañei o reto dende logo! cómo non vas sorrir?!! destas accións estamos moi escasos e é unha alegría ver xestos que non costan tanto facer e que aportan tanto coma pode ser un sorriso.Bravo por él e por eses pequenos tan alegres que lle fan os coros e que agardan coma auga de Maio esa visita tan especial tódalas mañás!

    ResponderEliminar
  2. "Su cuerpo amarillo
    absorbe sin más
    Bob Esponja!...

    El mejor amigo que
    puedas tener.
    Bob Esponja!..."


    Vaille a canción que nin feita adrede!

    ResponderEliminar
  3. Un sorriso, unha mirada, unha palabra... Cantas veces un simple xesto coma este pode cambiar ou mellorar o día das persoas que temos ao redor.

    ResponderEliminar
  4. Con valor dobre, cando se trata de nenos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...