Saltar ao contido principal

Arte con area

Ela chámase Kseniya Simonova, fai arte con area, e se non o vistes... tedes que velo. 

Ucraniana, de 25 anos, a crise levou o seu negocio ao tacho no 2009. Por iso, e porque tiña un don, decidiu presentarse ao concurso de televisión "Tes talento" na súa edición daquel ano. E alí, sementando admiración e bágoas no público a partes iguais, logrou a vitoria. Fíxoo cunha animación con area de oito minutos, na que narra a dor sufrida polo seu pobo durante a invasión dos nazis na Segunda Guerra Mundial. Construíndo unha historia fermosa, coa única axuda dun pouco de area, unha luz, algo de música, e as súas mans. Talento, creatividade, sensibilidade... ARTE.

Clic na imaxe!

Comentarios

  1. Andrea26/12/11

    Espectacular, fai marabillas coa area. De feito quedei alucinando, é incrible como pode facer que o público se emocione desa maneira, tremendo.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén quedei sorprendido. É unha artista moi intelixente. Podería concursar construíndo beleza, e punto; pero lonxe diso toca un tema histórico, difícil, con guión, e busca conmover ás almas que a examinan. Sabe que para chegar á xente, hai que atacar aos sentidos.
    Aquí non vivimos unha ocupación do país por parte dos nazis. Non temos iso gravado na memoria, e por iso nos sorprende que choren. Pero para eles este conto de area é como abrir o armario das pantasmas.

    ResponderEliminar
  3. Andrea27/12/11

    Atopei outro vídeo desta rapaza que me deixou máis alucinada se cabe:
    http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=1gXwVpJObDs#!

    ResponderEliminar
  4. Alucino con iso de que sexa capaz de facer rostros tan expresivos (os ollos!) e definidos tan so cuns graos de area. A música está moi ben elixida. Se no vídeo da entrada saía unha versión de "Nothing else mothers", neste que recomendas recoñécese a partir do minuto seis o tema principal da peli "Requiem por un sueño", da que xa faláramos algo no blog. Incrible o cabalo que debuxa en segundos. Ao parecer trata un tema da mitoloxía nórdica. Grazas polo aporte!

    ResponderEliminar
  5. Sandra30/12/11

    Esta rapaza merece un premio! como compaxina arte,música,historia e emocións.Preciso!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...