Saltar ao contido principal

O Reventabois do instituto



Mirade que beleza deixou o Outono no xardín do instituto. Tan fermosa como tóxica: Amanita Muscaria. Muscaria (de mosca), porque os insectos quedan un tempo paralizados ao contacto con ela. Agora ben, sobre o seu mortífero perigo, ningún nome lle cae mellor que o que lle demos en Galicia: Reventabois. E mirándoa con detemento, pregúntome cantos bois sería capaz de namorar e tumbar con esa incrible copa vermella amendoada de branco, para que os nosos avós a chamaran así... 

Comentarios

  1. As Amanitas son as mellores setas de todas... anda por ahi un guión perdido de Gang Films sobre a Amanita Phalloides...

    ResponderEliminar
  2. Alba Malva26/11/11

    Eu teño unha diante da miña casa tamén!

    ResponderEliminar
  3. As Amanitas dan para un guión potente! Haberá que recuperalo, non?
    Unha curiosidade: Sabedes que había tribos de descerebrados que bebían o seu xugo, incluso despois de inxerido por outra persoa; é dicir, ao mexalo (con perdón)? Ollo, é mortal. Desfai os órganos internos (lembrade: matabois). Nin os Pitufos vivirían nela.

    ResponderEliminar
  4. No Rosal tamén temos unha!

    ResponderEliminar
  5. Bueno, mais que un guión era unha idea. Aunque a Amanita non era o importante, solo era o detonante da acción.

    Ser son setas tentadoras...pero eu as setas que como son compradas, asique non teno problema (espero).

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...