
Mirade que beleza deixou o Outono no xardín do instituto. Tan fermosa como tóxica: Amanita Muscaria. Muscaria (de mosca), porque os insectos quedan un tempo paralizados ao contacto con ela. Agora ben, sobre o seu mortífero perigo, ningún nome lle cae mellor que o que lle demos en Galicia: Reventabois. E mirándoa con detemento, pregúntome cantos bois sería capaz de namorar e tumbar con esa incrible copa vermella amendoada de branco, para que os nosos avós a chamaran así...
As Amanitas son as mellores setas de todas... anda por ahi un guión perdido de Gang Films sobre a Amanita Phalloides...
ResponderEliminarPreciosa!!
ResponderEliminarEu teño unha diante da miña casa tamén!
ResponderEliminarAs Amanitas dan para un guión potente! Haberá que recuperalo, non?
ResponderEliminarUnha curiosidade: Sabedes que había tribos de descerebrados que bebían o seu xugo, incluso despois de inxerido por outra persoa; é dicir, ao mexalo (con perdón)? Ollo, é mortal. Desfai os órganos internos (lembrade: matabois). Nin os Pitufos vivirían nela.
No Rosal tamén temos unha!
ResponderEliminarBueno, mais que un guión era unha idea. Aunque a Amanita non era o importante, solo era o detonante da acción.
ResponderEliminarSer son setas tentadoras...pero eu as setas que como son compradas, asique non teno problema (espero).