Saltar ao contido principal

Acordándome de vós

Hai días en que un recorda o porqué deste blog. Na radio, na tele, no xornal, en internet... Levo todo o día atopando cousas para compartir con vós: cos que algún día fostes alumnos, ou cos que o sodes agora. E é que a actualidade cúspenos Xeografía á cara. Os dous bonitos exemplos de hoxe van de relevo, e do como se forma.

Exemplo 1. Abro a edición dixital de El País e atópome en portada unha de Forzas Internas da Terra metidas en faena: cada puntiño da imaxe é un dos dez mil sismos! que avisan do volcán submariño a piques de medrar en Hierro, Canarias.
Exemplo 2. Sento a comer, e nos informativos da tele pasan estas tremendas imaxes de Axentes Externos (ventos, xeo, golpes de mar...) modificando o relevo en plan bruto, ao cargarse salvaxemente un acantilado no SO de Inglaterra.



Para iso serve a Xeografía.  Para entender o telediario, por exemplo. Ou para comprender o pequenos e indefensos que resultamos fronte a unha natureza enorme e salvaxe. 

Exemplos doutros días de planeta xoguetón, facendo clic en: volcán submariño en erupción no océano Pacífico, corremento de terras en Italia, ou terremoto e posterior tsunami do ano pasado en Xapón.

Comentarios

  1. Andrea Ledo11/10/11

    Ai a xeografía...coas formas do relevo andamos nós ás voltas! Cousas descoñecidas, pero que están ben, polo menos saber como se formou Galiza por exemplo, a min eso gústame jaja agora os comentarios de mapas topográficos por exemplo...ai non, iso nadiña...pero bueno, de aquí a selectivo malo será!

    ResponderEliminar
  2. Miguel11/10/11

    Tranquila Andrea, porque no selectivo non se estilan os comentarios de mapas topográficos. Hai anos que non cae un. Pero bueno, haberá outros... Moito ánimo,e sacade proveito dos exemplos das noticias.

    ResponderEliminar
  3. Sandra11/10/11

    Buf!impresionante! e que medo estar preto ou ter que vivir algo así.

    ResponderEliminar
  4. Si que asusta, Sandra; pero o saudable é pensar que un día tamén nos tocará a nós. Saudable é coñecer onde vivimos, para saber o que un día nos pode pasar (todo o mundo sabe da orixe volcánica das Canarias) e estar preparados para afrontalo sen aspaventos e berros de incompresión. Saudable é saber, en definitiva, para ter preparada a nosa moeda para o barqueiro.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...