Os cursos hai que empezalos ben, con ganas e moita enerxía. Vós, e nós. Este ano estarei no IES de Vilalonga, en Sanxenxo, e tócame facer quilómetros. Así que tiraremos de Ramones, Scream, ou do que toque (admítense suxerencias musicais) para chegar como hai que chegar a clase. Como Rainer en La Ola... Lembrádesvos?
Clic na imaxe!
Moito ánimo, traballo e sorte para todos nesta Ola que empeza o luns!

Ánimo e sorte para ti tamén!!
ResponderEliminarEspero que a Ola que comeza o luns teña un final distinto co da película!!
"Runaway" de Bon Jovi!!!!enerxía para comezar o día!!e o novo curso ou o que se nos poña por diante!! ÁNIMO A TOD@S E MOITÍSIMA SORTE!!!!
ResponderEliminarGrazas mozas. Con Runaway ou o que sexa, eu tamén espero que a Ola que comeza o luns teña un final distinto ao da peli! (Nerea, non lles deas ideas a estes caníbales!).
ResponderEliminarSorte Miguel, botaremoste de menos por aqui.
ResponderEliminarGrazas Elvira. E eu a vós, sen dúbida. Verémonos pronto! Ánimo e un abrazo grande.
ResponderEliminarMiguel! bueno, anque non estés este ano, espero seguir podendo ver os vídeos explicativos do intrépido D.Miguel que se cola na boca do lobo para ofrecernos as mellores grabacións! moita sorte en todo, e, algún día, pásate por aquí!
ResponderEliminarConta con eses "intrépidos" vídeos, Andrea. Xa hai tempo que non cae ningún...
ResponderEliminarSorte a ti tamén, e a ver se podo facer esa visita pronto!
School Out!! de Alice Cooper, jeje, perfecta para a ocasión, e tamén I Love Rock n´Roll de Joan Jett.
ResponderEliminarEspero esa visita ansioso, pero avisa con antelación...tamen continuo esperando a que vexas ''Érase una vez América''...
Boas propostas as dúas (con predilección polo clásico de Joan Jett). Acordareime cando sonen!
ResponderEliminarMenos mal que me lembras o título da película, porque esquecérame de vela.
Por Meira irei pronto, espero. Polo instituto, un día en que vós teñades clase e eu non (máis difícil). Xa aviso cando pase!
Como pra esquecerse desta película, Miguel!! jaja por certo, e é persoal, master of pupetts levanta ánimos! jajaj
ResponderEliminarBueeeno, Antón! Vaia se os levanta! Que imos dicir de Master of Puppets... A estas alturas! Eu creo que é a canción que máis escoitei na miña vida. Imposible aburrirse dela. E menos tocándoa á batería... non?
ResponderEliminarJajaja, tocándoa na batería moito menos, tes razón!
ResponderEliminar