Saltar ao contido principal

Local Hero


Imaxina que traballas para unha compañía petrolífera. Vives nunha gran cidade, adoras vestir de traxe, tes moita pasta, e conduces un Porsche. Un día, o xefe encárgache ir a un pobo perdido na costa de Escocia, co obxecto de comprar todos os terreos para montar alí unha refinería. Cando baixas do avión, atópaste cun modo de vida... diferente, no que todo é rabiosamente peculiar, especialmente os seus personaxes: un axudante políglota pero algo alelado, un multialcalde, un vello que vive na praia cos restos que trae a marea (inevitable non acordarse de Crebinsky), unha investigadora mariña que parece unha serea, un cura negro (en Escocia!), un mariñeiro que cambia a diario o nome ao seu barco... e unha cabina de teléfono na que falar ten o seu aquel. Cando te deas conta, estarás preguntándote a ti mesmo se de verdade queres comprar un sitio así. 

Sorrirás con esta fábula na que se mesturan modos de vida, paisaxes que curan,  soños, sana loucura e a mensaxe de que, se cadra, non todo se pode comprar... (e de regalo, a música de Mark Knopfler de fondo). Podedes ver unha ficha da peli, clicando aquí.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...