03/05/11

Crebinsky, Encoros e Xallas

03/05/11

Hai uns días, puiden ir ao cine a ver Crebinsky, unha película galega de tremenda orixinalidade. Non sei por que, pero, dun tempo a esta parte, todo me leva ao mesmo lugar: a desfeita dos encoros. E este filme non ía ser menos: as imaxes finais do vello Portomarín asomando no fondo enlamado da presa, fixéronme lembrar o drama de Alberguería, ou o incrible caso do río Xallas. Lembrades?

O Xallas é o único río de Europa que desemboca en fervenza directamente no mar. Pero isto nunca pareceu ter moita importancia para os que deciden. Por iso, non lles importou permitir que as hidroeléctricas o destrozasen chantándolle nada menos que seis encoros, rebentando así unha paisaxe natural única. Estiven alí hai pouco, e quedeime ensoñado, vendo o que agora vos amoso na foto.


Se este lugar pode resultar así de fermoso, aínda tendo o caudal de mínimos que deixa fuxir a presa, imaxinade o que podería ser no seu estado salvaxe e natural, sen as seis enormes bañeiras que o desecan.





Quizá un día aprendamos. Se cadra, un día recuperamos este espazo. 
Non o agardo; pero se fose así, ese día atoparédesme alí.

Recibe os contidos no teu correo

1 comentario

  1. Eu tamén estiven nesta incrible fervenza dúas veces. Unha delas non puiden nin vela, porque antes só era posible en datas moi concretas.
    Vendo esto, faime lembrar da Cola de Cabalo, en Ordesa (Pirineos)onde si prevalece a natureza e si se lle dá importancia a algo tan relevante coma é o medio ambiente.
    Botádelle unha ollada:
    http://www.google.es/search?um=1&hl=es&rls=com.microsoft%3Aes%3AIE-SearchBox&rlz=1I7ACAW_esES393ES393&biw=1259&bih=887&site=search&tbm=isch&sa=1&q=cola+de+caballo+pirineos&aq=f&aqi=g1&aql=&oq=.
    Estou contigo Miguel,oxalá recuperemos este espazo algún día, valoremos todos o que temos e deixemos de destrozar Galicia.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK