Saltar ao contido principal

Rock e Xeografía

O voso día a día está plagado de detalles que serven para ensinar Historia, Ciencias, Lingua ou o que nos propoñamos. Por exemplo, na música. Pasou esta mesma semana na clase de 2ºBAC. Un tema do grupo de rock urbano Extremoduro serviunos para ilustrar o por que da emigración en determinadas áreas de España e para acompañar unha pirámide de poboación estremeña. Pero serviría igualmente para falar de Historia, Cultura Clásica ou figuras literarias.

Na peza Extremaydura, entre notas de roubos, desamor e sexo (o clásico neste grupo), e alusións a Deus e ao mito de Prometeo, atopamos moito fartazgo de terra inhóspita e maltratada: exceso de pantanos (os plans de repoboación durante o franquismo), contaminación nuclear (Estremadura ten dous reactores nucleares, dun total de oito en España), e ausencia de oportunidades económicas (voitres, landras, e pouco máis). En definitiva, o noxento (de aí o vómito inicial) cansancio propio do emigrante.

Cun Clic no disco, escoitamos o tema!


Alguén dá máis información en tan pouco tempo?

Comentarios

  1. A conciencia non me permite deixar este apartado sen aportación : )
    bueno, para empezar... algo que estamos montando o grupo de acordeóns da Escola de música de Meira é que me parece boa idea deixar aquí...
    http://www.youtube.com/watch?v=RUAPf_ccobc

    ResponderEliminar
  2. Buf! Encántame! A música, e ata o título: libertango.
    Teremos a posibilidade de vervos algún día aquí, nunha entrada propia? (un trociño dun ensaio, a estrea, unha actuación calquera,...). Creo que lle gustaría a todo o mundo.

    ResponderEliminar
  3. Martinha12/6/11

    Sí q se pode aprender bastante con eses detalles dos q falas!

    Extremoduro.. sí, gústame.. transmíteme cousas.. :). jaja

    Non sei cómo apareceu aquí Piazzolla..Pero permitídeme engadir:

    http://www.youtube.com/watch?v=JytXR0qzsvs


    Son as dúas pezas que vamos tocar en Meira o día 25, no concerto d fin de curso!

    Pois.. home, non sei, por min non habería problema! habería que grabar e esas cousas.. jaja

    ResponderEliminar
  4. Encántame ter aquí o adianto do que sexa no que estades traballando. Gracias.
    Hai que estar nese concerto do día 25!
    Marta: tómoche a palabra! Por favor, cando poidas, escríbeme á miña dirección de correo, e así plantéxoche a idea coa que ando, a ver que che parece.

    ResponderEliminar
  5. Martinha18/6/11

    Oh! Vasnos ir ver? ...

    :)

    Por certo, xa vin o correo! cando teña tempo cóntoche!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...