Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións : a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...
O San Paio tamén debería ter tabletas para evitar levar peso nas costas. As veces chego a casa e dóeme o dorso.
ResponderEliminarTamén é certo que son caras, pero poderíanse mercar para fomentar o traballo en grupo, é dicir, unha tableta por grupos en cada clase e o/a mestre decide as persoas que compoñan o grupo para mantelo todo o día durante todas as clases. Ao día seguinte o profesor/profesora da primeira hora escolle alumnos distintos.
Desta forma, ao finalizar o curso, todo o alumnado estaría preparado para traballar con calquera tipo de persoa.
Totalmente de acordo, Rebeca. Vénceseme o lombo, a min tamén, cada vez que vexo as vosas mochilas e é un atraso que sigamos sen ser quen de atallar ese problema; que é un problema maior, porque non é de organización, senón de saúde.
EliminarGústame moito a idea que propós: catro ou seis ipad para repartir en grupos de catro, por exemplo, rotando a responsabilidade de manexala. E gústame, non só porque resolva en parte o problema do caras que poidan resultar, senón tamén porque penso que tal vez sexa un erro entregarse por completo ás pantallas e novas tecnoloxías... Por suposto, debemos integralas na nosa vida (e na nosa forma de aprender; eu mesmo as emprego moito), pero iso é moi distinto de entregárllela por completo. Tomo nota!
Tamén me gusta moito a idea de ir cambiando os integrantes do grupo. Nas clases sempre hai amiguetes, pero o obxectivo, cando traballamos, non é lograr estar coas amigas ou amigos, senón aprender a capacidade de traballar con calquera, por moi diferente que sexa a nós. Aí está a riqueza e o valor dos centros públicos; e esa que apuntas é unha magnífica maneira de explotar ese valor.
Encantoume esta aportación, Rebeca. É un exemplo de canto temos que escoitar aos alumnos nos institutos. Aprender a escoitar non é só tarefa do alumnado. Moitísimas grazas! e espero que veñan máis (moedas!... e aportacións!).