Saltar ao contido principal

La Ola: Podería suceder hoxe?

-La Alemania nazi fue una mierda, ya lo he pillado. 
-Sí, nazis de mierda! Aquí ya no puede volver a pasar algo así...
-Pensáis que en Alemania no sería posible que volviera de nuevo una dictadura, ¿no? 
-De ningún modo, ya hemos aprendido la lección!



Así que Rainer, o profesor, inicia un experimento na clase para demostrar aos seus alumnos que as ditaduras sempre son posibles, incluso hoxe e aquí.  A ver se vos sonan os ingredientes necesarios para que se dea unha ditadura: crise, paro galopante, crecente exclusión social, decepción política, inxustiza social, extremismos en aumento... Este é o caldo de cultivo. Non estamos moi lonxe del, verdade?

Engádaselle Líder, Grupo, Orde, Normas, Disciplina, Símbolos, Violencia, Propaganda, Solidariedade, Entusiasmo e un chisco de Manipulación e Censura do que non é coma eles, e xa o temos...  Que temos? Isto:



E agora, voltemos á pregunta... 
Sería posible unha ditadura hoxe e aquí?
La Ola, Dennis Gansel, 2008.

Comentarios

  1. Imposible esquecer a primeira vez que proxectei esta película na clase. Foi nun 4ºESO, en Meira, cuns alumnos para os que, dalgún modo, sempre seguín (e seguirei) preparando as miñas clases. Mentres a pelí discorría, eu ía escribindo no encerado as características das ditaduras. Ao volverme, vía nas súas caras un espello da evolución da película: do entusiasmo inicial nas facianas (calquera querería estar naquel curso de autocracia), foise pasando á sorpresa de ver como medraba a "ola", ao agobio de verse nun problema cada vez máis grande, ao desexo case implorante de que ninguén fixese unha tolemia, e á mirada atónita e asustada de quen ve un final imposible. Pero un final que non podía ser diferente ao que foi... Todo isto é o que fai grande a esta peli. E hoxe, neste mundo convulso, quizá sexa máis necesario que nunca recordala.

    ResponderEliminar
  2. Nerea 1º BAC6/6/11

    Esta película está moi ben feita!! A xente non se da conta que todo o que pasou pode volver a suceder. Como di o meu profesor de historia (José) o fascismo a simple vista pode resultar atractivo.
    Aproveito para deixarche o enlace dun blog que estamos comezando Marcela, Miriam e eu!
    http://diasdesolechoiva.blogspot.com

    ResponderEliminar
  3. Non hai nada que valore tanto no cine, como a súa capacidade para facernos entender e vivir.
    Sodes unhas valentes! Non agardaba menos.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo16/6/11

    Alba(Malva) di...:
    Xa botaba en falta ''La Ola'', pero sabía que tarde ou cedo aparecería por aquí! A verdade é que foi unha película que penso que nos marcou a todos, a min en especial. Doutra maneira non entenderiamos mellor todo o que arrodea a un réxime autoritario coma o que se amosa no filme.
    O sentimento de culpabilidade do profesor Rainer,penso eu, extrapólase ao espectador de tal maneira...
    segundo o meu parecer unha película desas que se precisan para educar a este mundo...

    ResponderEliminar
  5. Botábate en falta, Malva, surfeando esta "ola"! Lémbrome que a cara de Rainer, ao final da peli, deixou a moitos coa dúbida de que é o que estaría pensando exactamente nese momento...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...