Saltar ao contido principal

Ana Pastor: carreiras sen saída?

"Non estudes iso: esa carreira non ten saída...". Escoiteino moito cando andaba coa selectividade a voltas... Xa vedes que non fixen moito caso. Agora tócavos a vós elixir, e creo que é bo momento para compartir este vídeo.

Clic en Ana para entendelo:

Ana Pastor é unha periodista de 33 anos, coma min. Estudou unha carreira mal pagada, e moi mal vista en España debido a certos formatos rosa que nada teñen que ver co periodismo. Deulle igual. Tras formarse e traballar en prensa, radio e televisión, presenta "Los desayunos de TVE". É unha periodista intelixente, lúcida, combativa e valente. Moi valente. Entregada ao seu traballo. E iso é algo que só é posible cando un fai o que lle entusiasma. Imposible doutro xeito.

Estudade o que vos guste, para poder traballar no que vos gusta. 
A partir de aí, o demais virá. Seguro.

Ou como se di na peli Cinema Paradiso: "fagas o que fagas, ámao" 

Comentarios

  1. Miguel! Non sei se viches Buenafuente onte, saía un rapaz con algunha especie de enfermidade dexenerativa nunha carreira de rodas... para min unha verdadeira lección... por como enfronta todo... non consigo acordarme do nome, era Albert algo.. ou algo así! Agradeceríache que mo deixases por aquí se sabes do que che falo...GRACIASSS!

    ResponderEliminar
  2. Non o vin, Malva! Pero agradézoche un montón o que me dis. Era Albert Casals, e agora que o vin coincido contigo: paréceme unha pasada. A entrevista está enteiriña aquí:
    http://www.lasexta.com/sextatv/buenafuente/entrevista_completa_a_albert_casals___tu_llevas_gafas__yo_llevo_silla/236573/191
    De todos modos, vou tentar colgalo nunha entrada dentro do blog.

    ResponderEliminar
  3. Bueno... non sei se convén dicir que ''Malva'' e Alba R. son a mesma persoa...jaja
    Gracias por buscalo!

    ResponderEliminar
  4. Xa imaxinas que a min non me facía falta! Pero ao asinar así, decidín manter ese inconfundible alcume.
    Gracias a ti, por falarme del! Espero que aquí poidamos compartir outros moitos.

    ResponderEliminar
  5. oh...''inconfundibilísimo''...jeje
    é que me pareceu raro que o puxeses así,pero entón xa está!
    Iso espero eu tamén!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...