Saltar ao contido principal

Cando os vampiros son nenos

Desde que lin Drácula (un día adicarémoslle unha entrada propia a este tremendo librako), ando coma un vampiro tolo á procura dunha peli que estea á altura da novela de Bram Stoker, pero sen tópicos baratos, nin historias trilladas. Atopeina estes días, onde menos a esperaba: no cine sueco.
Ollo, non esperedes o de sempre: "Déjame entrar" é unha peli de vampiros diferente.
Se cadra, a mellor.


Por certo, esta sección chámase "Pelis DeD": 
DeD, son Denís e Duarte: músicos, cinéfilos, artistas, heavys, alumnos.
Para eles vai esta sección, que beberá moito dos seus consellos... e quen sabe se das súas pelis.

Comentarios

  1. Anónimo10/5/11

    Xa que hai que descansar entre tanto exame (sí,xa se van acabar!!!)permítome inaugurar esta entrada. Encántame a idea do blog, a formulación e os contidos. Aínda que debo dicir que boto algo de menos unha mención a ''La Ola''. De todas maneiras supoño que xa a terías pensada...:)
    Ah,e debido á miña marabillosa vista(o proxector da clase tampouco axuda moito...) e ao que captei auditivamente(como era iso?jej) pensei que o nome da sección era pelis ''DEZ!'' Non sei se había xa un xogo de palabras no medio e eu non me dera conta...de tódalas maneiras, eloxio o nome de DeD, hai que dicir que eu tamén me culturizo gracias á piratería de DeD...e en última instancia, ós seus coñecementos...distintos...especiais.
    PD: non lles ensines isto que aínda se van poñer melancólicos...
    PD2: Xenial blog!
    Alba (''R'')

    ResponderEliminar
  2. Encantado de que inaugures, Alba! Que sexan moitas máis.
    Grazas (tamén) á miña extraordinaria dicción, escoitache DEZ... Pero bueno, as "Pelis DeD" tamén son un pouco pelis sobresaíntes, así que o de "Dez", mira ti por onde, non lles caería mal... (Non lles ensines isto tampouco, que aínda se van poñer melosos).
    Por suposto, tómoche a palabra no da "Ola". Unha peli que, cando a vimos por primeira vez, máis que ola foi un tsunami!
    Ah, e grazas polo cumprido.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...