Mar (Xouba) e Marta (Bogart), son as flamantes gañadoras deste IX Concurso, do que se levan de premio, como non, dúas entradas cada unha para ir ao cine con quen lles apeteza, a ver o que queiran, cando lles pete . En butaca e con pantalla enorme. A idea era ver Cine e Historia todo nun. Bastaba con escoller unha peli dunha ampla listaxe de filmes da Historia de España, vela e, unha vez rematada, atreverse a escribir sobre ela unha crítica con alma . Un texto breve pero impactante, que fixese cóxegas, que retumbase no peito ou que espertase algo ao lelo. Como a delas : A LINGUA DAS BOLBORETAS, por Xouba A lingua das bolboretas, a espiritrompa, é longa. Longa, coma o primeiro día de clases cando tes dez anos e moitísimo medo a non encaixar co resto de compañeiros. Longa, coma as noites nas que non podes durmir porque o mundo ao teu arredor muda, e ti non eres quen de comprendelo aínda. Longa, coma a viaxe que Moncho, o protagonista desta película, fará. " A lingua das bolboretas
Á Historia pódese viaxar de moitas maneiras diferentes , e seguramente ti xa probaches moitas delas: escoitando unha avoa, paseando atento por vilas e cidades, mergullándonos nos libros ou, por suposto, a través dunha clase. Pero de todas as opcións, poucas tan eficaces, estimulantes e memorables como o cine. E por iso cada curso entrego ao alumnado unha xenerosa listaxe de pelis relacionadas dunha ou outra maneira coa Historia que lles tocou estudar. Para que elixas, para que viaxes ao pasado con ela e para que, unha vez vista, escribas sobre ela. Ese é o obxectivo deste concurso. Convencer ao lector, en apenas dez liñas, sobre a conveniencia (ou non) de ir correndo a ver esa peli . Para valoralas, haberá un xurado de cando menos catro persoas, que decidirán soberanamente, sen televoto nin outras gaitadas. As dúas mellores críticas (as que máis puntos obteñan) levarán un premio do máis cinéfilo: entradas ao cine para dúas persoas, no día, sesión e película que elas decidan! Así pois,