En Siria aínda non hai Street View. Refírome a ese proxecto de Google de fotografar en 360º todo o territorio dun país, para que os internautas poidamos movernos por el a golpe de clic. Unha mágoa, porque un recurso así permitiríanos contrastar imaxes actuais, coma esta, con outras da Siria que había antes de 2011. Se o fixeran hoxe, sería un documental de terror.
REUTERS. Vía |
Cinco anos de guerra dinse moi rápido. É máis que toda a ESO ou toda unha carreira universitaria completa. Cinco anos son case dous mil días. É difícil que desde a distancia entendamos algo así... a menos que lembres a Historia recente, que recordes tempos de avós ou que utilices internet para informarte e descubrir o terror de permanecer nun lugar no que no momento máis inesperado pode suceder isto:
Non temos Street View para Siria... pero temos drones. E nada dá unha idea de como queda unha cidade tras cinco anos de guerra como camiñala ou voar por riba dela. Iso é o que podes facer agora mesmo en Homs, a terceira urbe de Siria, tras Damasco e Alepo. Un núcleo no que vivían case un millón de habitantes e do que non queda xa outra cousa que ruínas, fracaso e miseria...
Siria, visto desde un dron:
Unha auténtica historia de guerra nunca é moral. Non instrúe, nin alenta a virtude, nin suxire modelos de comportamento, nin impide que os homes fagan as cousas que sempre fixeron. Se unha historia de guerra parece moral, non a creades.
Tim O'Brian, As cousas que levaban os homes que loitaron
È horrible, parece una peli...de terror sí, oxalá o fora e non una realidade tan dura e inexplicable coma o è. S.
ResponderEliminar