En serio? Como vai a haber unha app para buscar tesouros? Pois haina! Chámase Geocaching, e é sen dúbida unha das aplicacións para móbil máis divertidas e emocionantes que coñezo. Porque a ver, acaso hai alguén a que non lle emocione a posibilidade de atopar un tesouro? Pois atentos, porque con Geocaching atopar un tesouro está máis preto cá nunca!
Había que probala, así que descargueina, rexistreime, encendín o GPS do móbil e... Tachán! Cerca de 10 tesouros preto! O que vén, é a historia de como busquei (e atopei?) o meu primeiro geocaché. E esa é unha aventura que comeza sempre na casa, cando elixes o pequeno obxecto persoal que deixarás no interior da caixa cando atopes o tesouro. Unha tiza de cor foi o que eu escollín. Así que se buscades ese mesmo tesouro (e se o atopei), alí estará, agardando por vós!
O seguinte paso é guiarte por Geocaching ata o lugar en cuestión. Confeso que a emoción medra con pasos de xigante a medida que te aproximas, pero cando o xogo se pon realmente interesante é cando a pantalla do móbil te sitúa xa practicamente no lugar do tesouro. No meu caso, isto era o que eu veía:
Como vedes estaba xa moi preto do lugar que o autor chamou "O escondrijo de Vicente". Pero... agora que? O GPS dirixe máis ou menos ata o punto no que está o tesouro pero, unha vez alí... onde pode estar!? :D Pois se o camiño foi divertido, o que veu a partir deste momento foi de risa: non quedou un lugar sen revisar: ocos, herbas, paredes, ramas de árbores... Se ata fun mirar debaixo das pedras! Un tesouro ben vale remexelo todo!
Pero, e se non aparece? Calma! A resposta está no móbil, porque cada tesouro ten a súa historia e a súa pista para atopalo. Esta era a bonita historia (e a pista) que rodeaba ao meu:
Credes que logrei atopalo...?
Só hai unha forma de sabelo! Buscádeo vós mesmos!
Se o atopei, o meu nome e a miña tiza amarela estarán alí dentro.
E se non vos queda a man, buscade outro, pero probade Geocaching.
Porque o importante non é o tesouro en si, senón todo o bo que un sente ao buscalo.
Pois eu apúntome á búsqueda de tesouros! Unha app moi chula e divertida! :-)
ResponderEliminarE que tesouro tamèn voltar a compartir moedas! Xa se botaba de menos!
Metéchesme moitas ganas de baixar a aplicación! Polo menos, entre tantas apps inútiles que hai agora, algunha ten o seu mérito. Fixo que te sentiches coma un meniño buscando os agasallos pola casa o día de Reis. Vou a ver se atopo o tesouro eu tamén. Porque non probar? Nunca está demais volver a ser pequeno ;)
ResponderEliminarUn saúdo, Miguel!
É moi moi divertido! Estou seguro de que o ides pasar en grande!
ResponderEliminarNon deixedes de contarnos despois como foi a experiencia!
Abrazos!
Ten pinta de ser moi entretido, igual animome a búsqueda do tesouro
ResponderEliminarNon o dudes Sara! En canto baixes a aplicación, descubrirás que hai uns cantos Geocaching escondidos moi preto do lugar onde estás! Os tesouros están só para os que teñen o valor de saír a buscalos. Ánimo!
ResponderEliminar