Se a arte é liberdade, emoción, pensamento e sorpresa, a arte na rúa eleva a arte ao cubo. Todas as fotografías que ides ver pertencen ao magnífico traballo de Oakoak, un artista francés capaz de expresalo todo só con esas imperfeccións que os demais non vemos ou non queremos ver ao camiñar pola rúa. Cada intervención, cada imaxe, é un motivo para sorrir.
Oakoak. Máis na súa web
Moito me gustan este tipo de cousas tan inxeniosas!!!
ResponderEliminarE a min! :)
ResponderEliminarComo tan "pouco" pode mellorar tanto?
A maxinación dá vida!
Canto inxenio e que divertido!! Debería haber mais cousas de éstas polas rúas para ir sempre con un sorriso...
ResponderEliminarSon realmente xeniales,e o peor de todo é que cando podemos atoparnos cousas como estas,imos tan metidos no noso mundo,que nin nos fixamos.Eu atopei algunhas en portugal que están xenial :)
ResponderEliminarAsí é Gabi. Tan metidos no noso mundo... ou peor aínda, no noso móbil. Pero é a arte o que mellora as rúas, a nosa percepción da vida, ou mesmo a nosa forma de mirar e pensar. Non deixedes de mirar arredor mentres camiñades! O inagardado agarda por nós onde menos o agardamos. :)
ResponderEliminar