Este vídeo fíxose famoso polo seu final, no que un neno de 5 anos, experto en xeografía, rexeita unha tablet cando lla ofrecen como agasallo nun programa de televisión. Pero aquí imos a retomalo desde o seu principio. Cando, nunha entrevista da CBS, un presentador xoguetón mete nun apreto a Justin Bieber, canso de viaxar polo mundo, con esta sinxela pregunta:
Xesto tenso, sorprendido... máscase a traxedia!
Saber non é cuestión de idade, senón de actitude. E iso é algo que demostra moi ben o vídeo, no que, tras a participación de Bieber, amósasenos a Arden Hayes, un neno californiano de tan só 5 anos que nos sorprende a todos co seu dominio dos mapas... e tamén con esa espontaneidade e sinceridade tan propia dos nenos. Despois de ver a comparación entre ambos, creo que non fan falta moitas explicacións para entender o valor de saber un pouco de todo. Para coñecer, para que non se mofen, para que non te enganen, ou polo mero divertimento de sentir curiosidade pola vida.
Que bo! Non vira este video, pero a verdade é que quedei asombrada co rapaciño e cómo Justin non é capaz de dicir correctamente todos os continentes. Como di miña avoa, o saber non ocupa lugar, e é moi certo jajaja Un saúdo Miguel :)
ResponderEliminarOla Silvia! Non ocupa lugar... nin gigas! :)
ResponderEliminarÁs veces conto na clase que en Estados Unidos moitas persoas non saben situar España no mapa, porque pensan que está en Latinoamérica (como alí os que falan español veñen desa zona!). Seguro que tamén volo contei! E claro, ao saber de semellante burramia, estrañámonos e incluso rimos moito a conta deles. Pero a min gústame usalo como exemplo para explicar inmediatamente despois que ás veces tamén nós caemos nesa burramia cómoda. Un exemplo: cando metemos a chinos e xaponeses (e incluso coreanos) no mesmo saco. "Pero se son todos iguais!", "Bueno, queda todo no mesmo sitio!", e expresións polo estilo... E resulta que, aparte de ser países e culturas diferentes, a súa historia recente fai que mesmo entre eles se queiran ben!
Aparte de "o saber non ocupa lugar", hai outra ensinanza implícita neste vídeo: "o saber non coñece de idades". Saber non é unha cuestión de idade, senón de entusiasmo, de curiosidade e de actitude. Cantas cousas pode saber dos dinosaurios un neno ou nena de 5 anos? Infinitas! Eu quedo parvo escoitando a algúns recitar nomes impronunciables de todas as especies coñecidas! Que un neno coma este, de só 5 anos, poida ser un experto en Xeografía, e un adulto que viaxa polo mundo non teña nin idea de por onde se move, tamén nos di cousas desas persoas... Medramos coa fama e a riqueza infinitamente sobrevaloradas; pero ai! Que páramo desolador cando non hai nada máis.
Un abrazo Silvia!