Saltar ao contido principal

Saber, para que? Justin Bieber responde

Este vídeo fíxose famoso polo seu final, no que un neno de 5 anos, experto en xeografía, rexeita unha tablet cando lla ofrecen como agasallo nun programa de televisión. Pero aquí imos a retomalo desde o seu principio. Cando, nunha entrevista da CBS, un presentador xoguetón mete nun apreto a Justin Bieber, canso de viaxar polo mundo, con esta sinxela pregunta:

https://www.youtube.com/watch?v=Cu3Z6ZTPDWQ

Xesto tenso, sorprendido... máscase a traxedia!

Saber non é cuestión de idade, senón de actitude. E iso é algo que demostra moi ben o vídeo, no que, tras a participación de Bieber, amósasenos a Arden Hayes, un neno californiano de tan só 5 anos que nos sorprende a todos co seu dominio dos mapas... e tamén con esa espontaneidade e sinceridade tan propia dos nenos. Despois de ver a comparación entre ambos, creo que non fan falta moitas explicacións para entender o valor de saber un pouco de todo. Para coñecer, para que non se mofen, para que non te enganen, ou polo mero divertimento de sentir curiosidade pola vida.

Comentarios

  1. Silvia4/3/14

    Que bo! Non vira este video, pero a verdade é que quedei asombrada co rapaciño e cómo Justin non é capaz de dicir correctamente todos os continentes. Como di miña avoa, o saber non ocupa lugar, e é moi certo jajaja Un saúdo Miguel :)

    ResponderEliminar
  2. Ola Silvia! Non ocupa lugar... nin gigas! :)

    Ás veces conto na clase que en Estados Unidos moitas persoas non saben situar España no mapa, porque pensan que está en Latinoamérica (como alí os que falan español veñen desa zona!). Seguro que tamén volo contei! E claro, ao saber de semellante burramia, estrañámonos e incluso rimos moito a conta deles. Pero a min gústame usalo como exemplo para explicar inmediatamente despois que ás veces tamén nós caemos nesa burramia cómoda. Un exemplo: cando metemos a chinos e xaponeses (e incluso coreanos) no mesmo saco. "Pero se son todos iguais!", "Bueno, queda todo no mesmo sitio!", e expresións polo estilo... E resulta que, aparte de ser países e culturas diferentes, a súa historia recente fai que mesmo entre eles se queiran ben!

    Aparte de "o saber non ocupa lugar", hai outra ensinanza implícita neste vídeo: "o saber non coñece de idades". Saber non é unha cuestión de idade, senón de entusiasmo, de curiosidade e de actitude. Cantas cousas pode saber dos dinosaurios un neno ou nena de 5 anos? Infinitas! Eu quedo parvo escoitando a algúns recitar nomes impronunciables de todas as especies coñecidas! Que un neno coma este, de só 5 anos, poida ser un experto en Xeografía, e un adulto que viaxa polo mundo non teña nin idea de por onde se move, tamén nos di cousas desas persoas... Medramos coa fama e a riqueza infinitamente sobrevaloradas; pero ai! Que páramo desolador cando non hai nada máis.

    Un abrazo Silvia!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...