Un demo cun xeado nunha catedral? Pero existían os xeados no século XVI? ... De tres bolas!?
Curioso, verdade? Pois non hai photoshop nin engano algún. As figuras existen tal como as vedes. Forman parte, como moitos sabedes, dunha das fachadas da Catedral de Salamanca. Hai poucos anos, durante a súa restauración, decidiuse incorporar algún elemento contemporáneo, que dalgún modo servise para deixar claro cando se fixo esa intervención. Ao labralo na mesma pedra da catedral, en principio costa atopalo. Pero cando os descubres... estráñaste, sorrís, pregúntaste a ti mesmo se che gusta a idea, ou incluso hai quen se enfada... De feito, o astrounauta xa non ten un dos brazos, debido a un burrán ao que lle debía estorbar moito.
Míranos con ollos malévolos... Ollos de demo, claro. Pero a pregunta é: Por que nos mira así?
A) O canteiro que o fixo era un bromista
B) Sabe que co seu xeado nos está provocando envexa, un dos sete pecados capitais
C) Rouboullo a algún turista despistado, e agora márchalle con el
D) Rise polo moito que nos descoloca ver isto na fachada dunha catedral antiga
Tedes clara a vosa resposta...? Seguro? Entón... Por que tamén atopamos un... astronauta!?
Curioso, verdade? Pois non hai photoshop nin engano algún. As figuras existen tal como as vedes. Forman parte, como moitos sabedes, dunha das fachadas da Catedral de Salamanca. Hai poucos anos, durante a súa restauración, decidiuse incorporar algún elemento contemporáneo, que dalgún modo servise para deixar claro cando se fixo esa intervención. Ao labralo na mesma pedra da catedral, en principio costa atopalo. Pero cando os descubres... estráñaste, sorrís, pregúntaste a ti mesmo se che gusta a idea, ou incluso hai quen se enfada... De feito, o astrounauta xa non ten un dos brazos, debido a un burrán ao que lle debía estorbar moito.
E vós, que pensades?
Parécevos unha idea acertada?
"Extra! Extra!" E na catedral de Palencia hai esculpido... un señor fotógrafo!
ResponderEliminarhttp://elpais.com/m/diario/1980/03/07/ultima/321231604_850215.html
Grazas Vitoria! :)
Pois a min gústame!. Penso que hai moita xente que non sabe o porqué de ese demo co xeado, do astronauta ou do fotógrafo, eu xa non me lembraba!, unha forma moi orixinal de facernos saber que detrás destes "curiosos" personaxes hai unha restauración contemporánea.
ResponderEliminarEn arqueoloxía facíase moito algo similar...
ResponderEliminarCando había unha escavación e esta remataba, ás veces volvíase a tapar o xacemento coa mesma terra extraída. Pero antes diso, era frecuente deixar unha moeda de curso legal e escaso valor (por exemplo, unha de 50 céntimos) pousada no fondo do escavado. Desta maneira, se alguén volvía no futuro a ese xacemento, podería saber cando "exactamente" se remexera nesa zona.
Por suposto, non se quería deixar á vista, só era unha especie de broma entre o arqueólogo do presente e o que podía vir no futuro. Pero sendo algo menos artístico e curioso que o das tallas nas catedrais, o obxectivo era practicamente o mesmo: dicir claramente "Coidado! Aquí xa estivemos traballando sobre o orixinal!".
Pois eu decántome pola opción B!! Unha forma moi orixinal de decorar unha fachada dunha catedral!! XD
ResponderEliminar:D Jajaja! Sí Silvia, desde logo a B parece unha boa opción! Moi propio dun demo! Velo con esos ollos malévolos fai que me acorde do grandioso Al Pacino na inolvidable peli "Pactar con el diablo":
ResponderEliminar-"Mira, pero no toques... Toca, pero no pruebes... Prueba, pero no saborees!!!".
Coñécela?
Pois non, non a coñezo, pero sóname. Outra peli para a larga lista!
ResponderEliminar