A pregunta é... Que queremos para Galicia?
Isto?
Quero a primeira imaxe, porque iso é o que somos. O que decepciona, é que aqueles que nos representan á hora de tomar as decisións non o teñan claro. O principal activo de Galicia é a paisaxe. Esa é a súa verdadeira riqueza. Se para crecer hai que destrozala, xa non interesa. Sería Pan para hoxe, fame para mañá. Non se entende que, por un lado, se nos estea a animar (con publicidade que pagamos todos) a coidar da nosa paisaxe, e que por outro se abra a porta a que empresas estranxeiras a furen, a contaminen para sempre e destrocen por completo toda posibilidade de seguir vivindo nela...
Petroleiros, incendios, feísmo... Non tivemos xa dabondo?
Isto?
Ou isto?
Quero a primeira imaxe, porque iso é o que somos. O que decepciona, é que aqueles que nos representan á hora de tomar as decisións non o teñan claro. O principal activo de Galicia é a paisaxe. Esa é a súa verdadeira riqueza. Se para crecer hai que destrozala, xa non interesa. Sería Pan para hoxe, fame para mañá. Non se entende que, por un lado, se nos estea a animar (con publicidade que pagamos todos) a coidar da nosa paisaxe, e que por outro se abra a porta a que empresas estranxeiras a furen, a contaminen para sempre e destrocen por completo toda posibilidade de seguir vivindo nela...
Por suposto, ninguén agarda das megaempresas mineiras que nos confesen os danos que causarán. Para eles, ter unha mina á porta da casa (pero non da súa, claro) é coma ter aos Reis Magos: todo son vantaxes. A mellor de todas, din eles (e tamén os que gobernan), será uns cantos postos de traballo durante uns anos. Vale. E despois...? Cando rematen, que nos quedará? Outros postos de traballo? Patrimonio? Paisaxe? Terra e ríos limpos? Saúde? De tanta riqueza prometida e expoliada, o único que nos deixarán para sempre serán uns colosais fochancos de 400 metros de profundidade, a paisaxe que nos fai diferentes destrozada, e enormes extensións de solo árido e envelenado con arsénico e cianuro de por vida. Os que veñan despois de nós, xamais nos perdonarán cando descubran o que fixemos.
Viñeta de Davila, Faro de Vigo do 23.05.2013 |
Tomiño, A Terra Chá, A Fonsagrada, as Fragas do Eume, A Limia ou Bergantiños son comarcas ameazadas. Contra iso, van xa máis de 200.000 sinaturas... Suficientes para que nos escoiten?
Toda a información, na web da Sociedade Galega de Historia Natural.
Eu tamén QUERO A PRIMEIRA IMAXE!!. Poñénseme os pelos de punta o velo vídeo. NON A MEGAMINERÍA!!
ResponderEliminareu tamén quero a primeira imaxe, creo que a gran maioría dos galegos non queremos a megaminería serán uns cantos postos de traballo sí, e sobre todo uns cantos levaranse o diñeiro deixándonos a nosa terra feita un estropicio pero ainda teño a esperanza de que entre todos logremos parar todo esto.
ResponderEliminarA Terra Cha, A Fonsagrada, As Fragas do Eume, Tomiño, Bergantiños, A Limia... Se coñeces e sentes Galicia, estremece só nombrar estes lugares ao lado da palabra "megaminaría". Se isto va adiante, non merecemos o que temos.
ResponderEliminarSalvemos Galicia! É incrible como xente que di defender os dereitos dos galegos está a favor deste proxecto, non o logro entender! Se iso sae a diante (espero e desexo que non), Galicia xa non será Galicia porque a esencia da nosa terra é a súa cor verde, as súas paisaxes, o seu aire puro...
ResponderEliminarFalando cunha persoa sobre este tema dime: pero tamén entende a outra postura: un pai de familia sen traballo que logo non ten para comer, ofrécenlle ese traballo e ve aí a súa oportunidade. Está claro que si pero pensa nun futuro, terá traballo mentres duren as escavacións, e despois? Despois non terá nin a metade, xa que como ben di o vídeo non é so perxudicial para a paisaxe, a saúde tamén se verá perxudicada.
Pois o dito, Salvemos Galicia!!!
Nerea, acabas de poñer sobre a mesa o argumento máis socorrido: posto de traballo... A pregunta sempre será: a que prezo? A cambio de que?
ResponderEliminarImaxinade que unha empresa de enerxías se presenta en Galicia (a comunidade con máis kms de costa de España) e nos ofrece un cheque en branco... a cambio de reservarse todo o litoral (praias, acantilados, rías) para ocupalo e machacalo con plantas de produción de enerxía (eólica, maremotriz, solar...), e destrozar eses ecosistemas para sempre. Aceptaríades o contrato? Paga a pena o diñeiro a cambio de quedar (nós e os que deixemos tras nós) sen praias, sen paisaxe, sen turismo, sen marisco...?
Non vexo ningún mérito ou virtude en destruir os valores que temos e nos fan diferentes e admirados por outros. O mérito está en construír algo mellor respectando o seu valor orixinal. Engadir valor, se queredes. Ou como dicía Fernando Pessoa: "a verdadeira novidade perdurable é aquela que retoma todos os fíos da tradición, para tecer con eles un lenzo que a tradición non podía tecer".
Isto é malvender algo que nin sequera é noso...