Saltar ao contido principal

Que queremos para Galicia?

A pregunta é... Que queremos para Galicia?
Isto?

Ou isto? 


Quero a primeira imaxe, porque iso é o que somos. O que decepciona, é que aqueles que nos representan á hora de tomar as decisións non o teñan claro. O principal activo de Galicia é a paisaxe. Esa é a súa verdadeira riqueza. Se para crecer hai que destrozala, xa non interesa. Sería Pan para hoxe, fame para mañá. Non se entende que, por un lado, se nos estea a animar (con publicidade que pagamos todos) a coidar da nosa paisaxe, e que por outro se abra a porta a que empresas estranxeiras a furen, a contaminen para sempre e destrocen por completo toda posibilidade de seguir vivindo nela...

Por suposto, ninguén agarda das megaempresas mineiras que nos confesen os danos que causarán. Para eles, ter unha mina á porta da casa (pero non da súa, claro) é coma ter aos Reis Magos: todo son vantaxes. A mellor de todas, din eles (e tamén os que gobernan), será uns cantos postos de traballo durante uns anos. Vale. E despois...? Cando rematen, que nos quedará? Outros postos de traballo? Patrimonio? Paisaxe? Terra e ríos limpos? Saúde? De tanta riqueza prometida e expoliada, o único que nos deixarán para sempre serán uns colosais fochancos de 400 metros de profundidade, a paisaxe que nos fai diferentes destrozada, e enormes extensións de solo árido e envelenado con arsénico e cianuro de por vida. Os que veñan despois de nós, xamais nos perdonarán cando descubran o que fixemos.

Viñeta de Davila, Faro de Vigo do 23.05.2013
Petroleiros, incendios, feísmo... Non tivemos xa dabondo? 



Tomiño,  A Terra Chá, A Fonsagrada, as Fragas do Eume, A Limia ou Bergantiños son comarcas ameazadas. Contra iso, van xa máis de 200.000 sinaturas... Suficientes para que nos escoiten?

Comentarios

  1. Sandra6/6/13

    Eu tamén QUERO A PRIMEIRA IMAXE!!. Poñénseme os pelos de punta o velo vídeo. NON A MEGAMINERÍA!!

    ResponderEliminar
  2. marisa7/6/13

    eu tamén quero a primeira imaxe, creo que a gran maioría dos galegos non queremos a megaminería serán uns cantos postos de traballo sí, e sobre todo uns cantos levaranse o diñeiro deixándonos a nosa terra feita un estropicio pero ainda teño a esperanza de que entre todos logremos parar todo esto.

    ResponderEliminar
  3. A Terra Cha, A Fonsagrada, As Fragas do Eume, Tomiño, Bergantiños, A Limia... Se coñeces e sentes Galicia, estremece só nombrar estes lugares ao lado da palabra "megaminaría". Se isto va adiante, non merecemos o que temos.

    ResponderEliminar
  4. Nerea Fernández14/6/13

    Salvemos Galicia! É incrible como xente que di defender os dereitos dos galegos está a favor deste proxecto, non o logro entender! Se iso sae a diante (espero e desexo que non), Galicia xa non será Galicia porque a esencia da nosa terra é a súa cor verde, as súas paisaxes, o seu aire puro...
    Falando cunha persoa sobre este tema dime: pero tamén entende a outra postura: un pai de familia sen traballo que logo non ten para comer, ofrécenlle ese traballo e ve aí a súa oportunidade. Está claro que si pero pensa nun futuro, terá traballo mentres duren as escavacións, e despois? Despois non terá nin a metade, xa que como ben di o vídeo non é so perxudicial para a paisaxe, a saúde tamén se verá perxudicada.
    Pois o dito, Salvemos Galicia!!!

    ResponderEliminar
  5. Nerea, acabas de poñer sobre a mesa o argumento máis socorrido: posto de traballo... A pregunta sempre será: a que prezo? A cambio de que?

    Imaxinade que unha empresa de enerxías se presenta en Galicia (a comunidade con máis kms de costa de España) e nos ofrece un cheque en branco... a cambio de reservarse todo o litoral (praias, acantilados, rías) para ocupalo e machacalo con plantas de produción de enerxía (eólica, maremotriz, solar...), e destrozar eses ecosistemas para sempre. Aceptaríades o contrato? Paga a pena o diñeiro a cambio de quedar (nós e os que deixemos tras nós) sen praias, sen paisaxe, sen turismo, sen marisco...?

    Non vexo ningún mérito ou virtude en destruir os valores que temos e nos fan diferentes e admirados por outros. O mérito está en construír algo mellor respectando o seu valor orixinal. Engadir valor, se queredes. Ou como dicía Fernando Pessoa: "a verdadeira novidade perdurable é aquela que retoma todos os fíos da tradición, para tecer con eles un lenzo que a tradición non podía tecer".

    Isto é malvender algo que nin sequera é noso...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d