24/05/13

Good Bye Lenin!

24/05/13

Hai pelis especiais, que aparte de levarte a un momento histórico, son capaces de emocionar, de facerche sorrir, ou de provocar que te preguntes cousas sobre os valores da sociedade na que vivimos... Esta é unha. Unha magnífica opción para a sesión de cine de fin de semana! 

Clic no cartel para ver o trailer.


Alemaña 1989. O muro de Berlín divide desde hai anos o país en dúas partes opostas e incomunicadas. Álex e a súa nai viven na parte comunista da cidade, algo do que ela se sente enormemente orgullosa. Ata que un día, un accidente faina entrar en coma. Cando esperta, Alemaña está reunificada e o mundo no que ela cría xa non existe. O seu fillo, preocupado pola súa saúde, fará o imposible por evitar que a súa nai se entere dese cambio. Aínda que iso esixa converter a súa vida nunha burbulla do pasado. 

Good Bye Lenin! é unha mestura orixinal e moi intelixente de comedia e drama. Que axuda a entender. Unha peli do máis entrañable, e que nos amosa dun modo moi respectuoso o que foi a RDA (a Alemaña comunista) para moitos dos que viviron nela, ata o día da caída do muro. Disfrutádea, que sei que o faredes... E  compartide opinión!

Recibe os contidos no teu correo

5 comentarios

  1. E empezo eu. Porque hai tempo vin un fermosísimo vídeo daquela Alemaña, montado con imaxes desta película e coa súa magnífica banda sonora (non me digades que non conmove!).

    Ese vídeo pretendía conmemorar os 23 anos da caída do Muro de Berlín. E logrouno. Déixovolo con gusto, porque retrata un momento, e porque é xusto homenaxe á peli, e ao autor do vídeo. Grazas VonRommel9! Segue sorprendéndonos!

    http://www.youtube.com/watch?v=oWrXRWkKTug&feature=youtu.be

    ResponderEliminar
  2. Lucía E.25/5/13

    E coa BSO de Yann Tiersen, non? :D

    ResponderEliminar
  3. Tes razón, Lucía!... E con Yann Tiersen! Que só ver o comezo da peli, con esa música, xa paga a pena!

    ResponderEliminar
  4. Artai G.26/5/13

    uuii se ten BSO de Yann Tiersen, só por iso xa merece a pena! apuntoma en series.ly correndo xa! :D

    ResponderEliminar
  5. Vaiche a gustar, Artai. A música... e a peli!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK