29/04/13

Poppy Day

29/04/13

Cada día 11 do mes 11, os británicos e países da Commonwealth éncheno todo de papoulas (poppies en inglés, amapolas en castelán). É o Remembrance Day: o día para o recordo das vítimas da Gran Guerra. Así que parabéns a Ángel, que o sinalou na clase a pasada semana!



O día 11 de novembro de 1918, Alemaña asinou o armisticio, poñendo fin a aquela cruenta e esperpéntica guerra. Moitos soldados regresaron ás súas terras con papoulas que medraban nos campos nos que loitaran e nos que tiveran que deixar os corpos dos seus compañeiros mortos. Unha flor de cor vermella brillante, que lembraba inevitablemente ao sangue derramado, e que se converteu en símbolo.

Deste entón cada 11 do 11, ás 11 horas, no Reino Unido e demais países da Commonwealth, concédense 2 minutos de silencio en recordo das vítimas daquela guerra e de todas cantas viñeron despois. Ese día, roupas, rúas e cemiterios énchense dunhas curiosas réplicas daquela flor, mentres todos citan polo baixo os terribles versos deixados polo combatente canadense John McRae:

"...Hai poucos días vivíamos, 
sentíamos o amencer,
víamos o brillo do crepúsculo.
Amábamos e éramos amados.
E agora xacemos nos campos de Flandes...
Se faltas á palabra que deches aos que morremos,
non durmiremos, aínda que medren as papoulas
nos campos de Flandes."

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. Así é. Sorprendida me quedei cando a principios de noviembre empecei a ver a xente con estas flores na solapa. E non unha sola, todo o mundo as leva! De feito, nos monumentos aos caídos (que hai en cada cidade/pueblo por moi pequeno que sexa) coronas de amapolas están presentes todo o ano. Os ingleses non olvidan, eso foi unha das cousas que aprendín deles.

    ResponderEliminar
  2. Si, tamén niso nos gañan. Teñen respecto por este tipo de tradicións históricas. Teño entendido (pero non estou seguro) que alguén ten concedido o monopolio da súa fabricación ou venda, e que os cartos recadados se destinan a necesidades dos veteranos das guerras...

    ResponderEliminar
  3. Pois ahora que o dis, é bastante probable. Polo que vin por aquí, as flores que leva a xente salen de pequenos puestos na calle, a cambio da flor das un donativo. Imagino que eses cartos irán para algunha clase de asociación ou organización dos veteranos de guerra. É o único que che podo decir.

    ResponderEliminar
  4. Grazas C.! Es unha corresponsal de luxo. :)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK