-Ataco!
Non existe palabra máis agardada no Risk, cando por fin chegan a un os dados.
O Risk é un xogo de mesa dos que dá gusto ter nas mans. Caixa de cartón, un enorme taboleiro despregable, dados e tropas de varias cores, e un único obxectivo: conquistar o mundo. A mecánica é doada: repártense ao azar todos os territorios do mapa entre os xogadores; logo, cada un distribúe os seus soldados neles como lle peta; e finalmente, cada xogador recibe unha carta cun obxectivo que debe manter en segredo. Gaña quen consiga antes o obxectivo que lle tocou en sorte: "Conquistar un continente", "Ocupar 18 territorios", "Invadir dúas illas", "Destruír aos exércitos amarelos"...
Pero este xogo tamén serve para aprender Historia na clase doutra maneira. Porque se tuneamos os obxectivos adecuadamente, e manipulamos o reparto dos territorios con criterio didáctico, os alumnos poden verse, sen sabelo, reproducindo ao milímetro e coa mesma paixón, o incidente de Fachoda de 1898, cando tropas francesas e británicas se atopan sobre o terreo, en pleno continente africano. Ás veces a Historia repítese, e impóñense os británicos. Outras, os franchutes dan unha bofetada á Historia, e conseguen o seu obxectivo de formar un imperio africano de oeste a leste. E nalgunha ocasión incluso, a partida alóngase, con ambos bandos reforzándose con cabalería e canóns, nunha sorte de Paz Armada. Pero pase o que pase, o Risk sempre logra motivar, permite entender e axuda a recordar... Alguén dá máis?
Eu quero ver o noso vídeo! que para un día que falto á clase! por certo, si que é caro o maldito Risk...
ResponderEliminarAnda sobre 35 euros. Iso si, recoméndovos a versión clásica, a de toda a vida (hai edición Star Wars e outras, pero a que de verdade dá xogo é a de sempre). É algo carete (sería un bo regalo), pero qué gloriosas tardes de guerra vos esperan! (ollo: se hai piques, este xogo pode xerar toda unha "Paz Armada" na casa).
ResponderEliminarO vídeo estouno editando! Faise algo longo, pero é moi moi gracioso. Especialmente se o poñemos a cámara rápida. Espero subilo pronto. Gio e os demais déronme permiso... senón pixélovos a todos!
Non non, nada de pixelar, que se nos mire ben as caras de conquistadores principiantes (e de defensor experimentado de Ángel)
ResponderEliminarVésevos moi ben! E sobre todo, rindo moito... Pena que a clase non dera tempo a ver como remataba todo, porque as risas, os piques e o número de soldados sobre o taboleiro ían cada vez a máis...
ResponderEliminarNon entendo moito de edición de vídeo e resísteseme algo, pero estoume rindo moito mentres edito. Queda menos!
jajaja sen prisa, a verdade é que as clases fanse curtas para este tipo de cousas..
ResponderEliminar