Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2012

Gasol, en clase

Gasol tampouco sabía inglés cando era neno ... Un 10 para esta profe, que soubo mover fíos para impresionar e motivar aos seus alumnos dun xeito que dificilmente esquecerán. Imposible non botar un sorriso ao ver as súas caras cando Pau vai dicindo os nomes de cada un deles...

Lixo que sona a música

É incrible . A partir do lixo, das cousas que tiramos, un músico foi capaz de crear en Paraguay algo tan fermoso como " Sonidos de la Tierra ". Unha idea grazas á cal máis de dez mil nenos e mozos sen medios para nada descobren o seu talento, logran fuxir da marxinación e o tempo mal empregado, e medran como persoas (viaxan, aprenden, comparten) demostrándonos cantas cousas se poden facer con tan pouco . Ecolóxico, intelixente, comprometido, admirable.

A pomba que loitou na II Guerra Mundial

Hai un mes, un británico deu cos restos dunha pomba  mentres reformaba unha cheminea. Debía levar alí tempo, pois apenas quedaban os ósos, pero sorprendeuno ver un pequeno tubo vermello suxeito a unha das patas . Coa curiosidade dun neno nun faiado, o home separou o frasco da extremidade do animal. Despois, abraiado pola descuberta, sostívoo entre as mans, mirándoo desde todas as ópticas posibles. Era cilíndrico, do tamaño aproximado dun dedo. Lembroulle a un daqueles botes nos que se metían os carretes antes de que existise a fotografía dixital. Con xesto nervioso, comezou a desenroscar a tapa. Preguntouse canto tempo tería pasado sen que ninguén abrise aquilo, e sorriu ao descubrir unha sombra branca no interior. Dentro había un pequeno rolo de papel. Quitouno con coidado. Non era moi grande, e ao trasluz deixaba ver algunhas manchas de tinta. Desenvolveuno. 27 grupos de 5 letras. Sen sabelo, Harry (ou como se chame), acababa de recuperar unha mensaxe segreda da II G...

Sinais con arte

Todos os días vemos centos de sinais na rúa. Pero ningúns tan orixinais coma estes. O artista francés Clet Abraham, está enchendo Florencia de sinais sorprendentes. Por se non tiñan arte dabondo... Clic para pasear Florencia e ver máis!

Mellores fotos 2012

Empezan a escollerse as mellores fotos do 2012 . Coma sempre, hai de todo e case todo ligado a malas noticias. Pero se algo teñen estas fotografías é que con elas sobran as palabras . Falan de nós como xénero humano mellor do que o faría unha enciclopedia: do miserable e, de cando en vez, tamén do admirable. Déixovos unha de cada. Advirto que son duras ... En Gaza, na vergoñenta guerra de sempre, entre Israel e Palestina. Fotografía de Ahmed Zakot (Reuters) En Londres, nos Xogos Paralímpicos, auténtica escola de valores. Fotografía de Eddie Keogh (Reuters) Máis AQUÍ .

Napoleón Total War

Soñaba con poñer Europa aos seus pés . Era un bruto e un estratega. Coñecía todas as tácticas e sabía aplicalas coa precisión dun xogador de xadrez. Espiaba ao inimigo, movía a artillería con intelixencia, xogaba sempre ao ataque, e sabía falarlles aos soldados para motivalos e facelos leais. Enriba, era un Ilustrado. Por iso, cando decidiu ir a Exipto para cortar a ruta comercial entre Inglaterra e a India, non só foi para dar por saco aos ingleses, senón que tamén se levou a unha lexión de científicos. Napoleón era modernidade, pero imposta pola vía das armas e o afrancesamento. Así que, cando invadiu España, aínda que uns poucos sabían que traería os impresionantes logros da Revolución Francesa, o pobo dixo Nanai, Nin falar ... E enfrontouse a el.  E vós, que lado elixiriades? Napoleón, ou calquera dos seus rivais?  Napoleón Total War . Un videoxogo moi interesante, co que aprender e sentirse dentro da Historia.

Volve a Guillotina

A Historia está na sopa . Mirade que camiseta vén de deseñar  198 , especialista en elaborar prendas con motivos republicanos. Eles din, con moita retranca, que nisto dos recortes é no único no que están de acordo co goberno... Pero a cousa non queda aí, pois tamén venden guillotinas a tamaño natural (como as da Revolución Francesa), de case dous metros, feitas en madeira maciza e que dan o pego que mete medo (aínda que estas non cortan). De mal gusto ou non, que iso non se debate, paréceme un sarcasmo moi intelixente . E é que a Historia se repite. Unha e outra vez, unha e outra vez...

Os Edukadores

Jan e Peter son dous amigos unidos na súa rebeldía contra o sistema económico e o modo de vida actual. Ambos están fartos de ver inxustizas. Así que deciden pasar á acción e facer algo novo , que polo menos asuste aos poderosos. Cada noite, saen na súa furgoneta a controlar os barrios nos que viven os ricos. Cando estes se ausentan por un tempo, entran nas súas opulentas casas e o desordean todo. Antes de irse, deixan sempre un aviso escrito para os donos: "Os vosos días de abundancia están contados. Firmado: Os Edukadores" . Pero as cousas empezarán a torcerse o día en que se vexan obrigados a fuxir dunha casa levando con eles a un incómodo acompañante. Inicio orixinal, tensión, ideas, boa música e un final que fai pensar . Hai moitos motivos para ver esta peli alemana. Entre eles, que a podedes atopar enteira e dun tirón en youtube (clic  AQUÍ ). Pero se tivera que amosarvos unha única secuencia, elixiría esta (clic na imaxe) . Nela, os tres protagonistas xustifican...