14/12/12

Napoleón Total War

14/12/12

Soñaba con poñer Europa aos seus pés. Era un bruto e un estratega. Coñecía todas as tácticas e sabía aplicalas coa precisión dun xogador de xadrez. Espiaba ao inimigo, movía a artillería con intelixencia, xogaba sempre ao ataque, e sabía falarlles aos soldados para motivalos e facelos leais. Enriba, era un Ilustrado. Por iso, cando decidiu ir a Exipto para cortar a ruta comercial entre Inglaterra e a India, non só foi para dar por saco aos ingleses, senón que tamén se levou a unha lexión de científicos. Napoleón era modernidade, pero imposta pola vía das armas e o afrancesamento. Así que, cando invadiu España, aínda que uns poucos sabían que traería os impresionantes logros da Revolución Francesa, o pobo dixo Nanai, Nin falar... E enfrontouse a el. 

E vós, que lado elixiriades? Napoleón, ou calquera dos seus rivais? 
Napoleón Total War. Un videoxogo moi interesante, co que aprender e sentirse dentro da Historia.


Recibe os contidos no teu correo

1 comentario

  1. Que quen vos fale sexa o propio Emperador, tamén ten o seu punto:
    http://www.youtube.com/watch?v=hlxE6WogaVs

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK