A Historia está na sopa. Mirade que camiseta vén de deseñar 198, especialista en elaborar prendas con motivos republicanos. Eles din, con moita retranca, que nisto dos recortes é no único no que están de acordo co goberno... Pero a cousa non queda aí, pois tamén venden guillotinas a tamaño natural (como as da Revolución Francesa), de case dous metros, feitas en madeira maciza e que dan o pego que mete medo (aínda que estas non cortan). De mal gusto ou non, que iso non se debate, paréceme un sarcasmo moi intelixente. E é que a Historia se repite. Unha e outra vez, unha e outra vez...
“ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!