Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca! Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis . Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca! Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel. Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix
Un blog para compartir as clases e a vida
Unha lección que dificilmente esquecerán estes rapaces...
ResponderEliminarGuaauu!!penso que se vai a falar moito inglés e xogar moito a baloncesto nese colexio a partir desta gran sorpresa e lección que lles deu Gasol, só ver esa emoción e ilusión nesas pequenas caras...ás veces fai falla un empurronciño así que dé esa confianza que falta para cumplir e loitar polos nosos soños.
ResponderEliminarMoi bo. Unha gran lección que seguro que lles marcará a vida.
ResponderEliminarO máis gratificante foi ver os sorrisos que sacaban os rapaces cando ían decindo os seus nomes.
Estou de acordo con vós!
ResponderEliminarPor iso levo días buscando a alguén que lles fale aos meus alumnos da importancia de aprender Historia. Non sei, un Neanderthal, ou Cleopatra, Corocotta, Viriato, Cresconio, Pedro Madruga, Isabel a Católica, Robespierre (e a súa cabeza), Gravina, Bismarck, Lenin, Hitler, Primo Levi ou mesmo o Che Guevara... pero nada, amigos! Esta xente que non ten Twitter, non hai forma de contactar con ela!
A min a cabeza de Robespierre non sei, pero se me traen poñen a Steve Nash na clase estudio o que faga falta!
ResponderEliminarNon me des ideassssss..... :) Que desde que Gasol ten moza de Lugo, os Lakers quedan máis cerca!
ResponderEliminarBuff, non me fales de Lugo que non teño moi bos recordos de alí no que se refire ao deportivo..
ResponderEliminarBueno, en realidade vai ser dos arredores... Chantada, me parece... Tampouco sona ben, non? :)
ResponderEliminar